Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

EN IMAXES: O ocaso dun oficio

Non quedan muleiros en Gredos. Estas imaxes son a captura do ocaso dun oficio. Daquel que levaba a homes rexos a subir cabo dos seus animais escarpados cumios para retirar os troncos caídos, piñeiros que ás veces chegaban a pesar unha tonelada. Agora as máquinas substituíron as mulas, e os muleiros son tristes testemuñas do progreso. Chegaban máis alto e máis lonxe, por camiños naturais, pero non poden competir coa rapidez dos motores. E, ao final, hai que chegar á poxa da madeira. Isto era un oficio, e non folclore.

  
Ruben García Blázquez

Animais obedientes e fortes

Amence na Serra. A néboa está baixa. O frescor morno anuncia un día de moita calor. As mulas agardan nerviosas o axuste da xunta. O seu amo guíaas por camiños estreitos, inventados tempo atrás. Estas mulas son obedientes e fortes, pero nada que ver con aquelas do Val de Arán, que desapareceron. Nin sequera na Feira de Santo Andrés, en León, se atopan xa. Se aínda hai mulas é porque serven para tirar dos carros de El Rocío. Se non, se cadra xa só se verían nas fotos.

  
Ruben García Blázquez

Recolección no cumio

Hai que chegar ata a parte alta da serra, deixar o outeiro atrás e subir unha das moles de granito, pina, na que os troncos caeron forzados pola chuvia, polo vento e polo paso dos anos. Hai que chegar antes de que comecen a podrecer e sirvan só para leña. O labor non é doado. As máquinas levaron a madeira de abaixo e as do linde do camiño. As boas de acceder a elas.

  
Ruben García Blázquez

Descenso con toneladas ás súas costas

Rodeado de caídas fatais, o muleiro selecciona o tronco e amárrao ás cadeas ligadas ao xugo. Algúns superan os 7 metros, ríxidos, e as mulas, encirradas polo amo, tiran deles para sacalos ao camiño. Volverán repetir a operación ata limpar a zona. Os muleiros veteranos lembran que cando non había loita por chegar abaixo, pelábanse os piñeiros e abandonábase a codia para o humus.

  
Ruben García Blázquez

No descenso do camiño, desniveis de varios graos obrigan as bestas a frear. Hai que compensar a inercia que as empurra cara a abaixo e a forza de centos de quilos que as frea. A técnica apréndese mirando. O oficio pasou de pais a fillos durante xeracións, e os nenos non preguntaban cando de madrugada cargaban o carro e se dirixían ao monte. Só miraban, e aprendían o que logo lles tocaría a eles ensinar.

  
Ruben García Blázquez

A sostibilidade non se valora

Dez troncos é o froito dunha xeira. Agora é un tractor, non o carro, o que leva a carga ata o lugar da poxa. Esta madeira ten que axustarse ao prezo de mercado. Que se obtivera a base de esforzo, de sabedoría, de respecto ambiental, que a súa presenza garanta a limpeza dos cumes, a prevención de incendios e o saneamento do chan non suma enteiros. É un valor que non cuantifica.

  
Ruben García Blázquez

Xa non quedan muleiros en Gredos. O seu oficio non lles dá para gañar a vida. Despedíronse das súas mulas. Dos seus cumes. Das madrugadas de ir a por piñeiros. Estas imaxes son testemuño doutro tempo. Non son folclore. Ser muleiro era un oficio.

  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto