Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Arteriopatía periférica obstrutiva: Pernas sen risco

O tabaco é o principal factor de risco dunha afección que se manifesta a partir dos 50 anos e que padece o 5% dos homes e o 2% das mulleres

As enfermidades cardiovasculares constitúen a primeira causa de mortalidade nos países desenvolvidos, pero ademais ocasionan numerosas incapacidades e teñen unha seria repercusión socioeconómica. Na actualidade, a arteriosclerose é o principal detonante de enfermidades cardiovasculares e pódese localizar en calquera parte da árbore arterial do noso corpo, se ben o cerebro, o corazón e as extremidades inferiores son as localizacións máis frecuentes.

Que é?

A arteriosclerose é unha enfermidade dexenerativa que afecta ás arterias e que se desenvolve, ó comezo de maneira silandeira, ó longo da vida. As arterias vanse pechando pola formación de placas de ateroma na súa parede interior, pero ó primeiro isto non provoca maiores problemas porque o sangue que pasa é abondo para responder á demanda dos tecidos e órganos. Pero chega un momento en que a estreiteza da arteria (estenose) se fai crítica: xa non pasa o sangue preciso. Cando os tecidos e órganos non reciben sangue abondo fálase de isquemia. Por iso é frecuente oír a expresión de enfermidade isquémica do corazón, do cerebro ou das extremidades inferiores.

Idade, tabaco e diabetes

A arteriosclerose desenvólvese desde a mocidade. Amais dos factores xenéticos e hereditarios, hai outros que favorecen o desenvolvemento da enfermidade, os chamados factores de risco: o tabaco, a hipertensión e o colesterol elevado son os máis salientables, pero tamén a diabetes, a obesidade, o sedentarismo, a hiperuricemia e o estrés. E o máis importante, e sobre o que non podemos actuar: a idade.

Os distintos estudos epidemiolóxicos puxeron de manifesto que a arteriosclerose de extremidades inferiores (arteriopatía periférica obstrutiva, APO) é a máis frecuente das arteriopatías do adulto: afecta a un 5% dos homes e a un 2% das mulleres. Así e todo, nos últimos anos a incidencia nas mulleres aumentou, debido, probablemente, a un aumento do número de fumadoras. A enfermidade maniféstase sobre todo a partir dos 50 anos.

Non todos os factores de risco teñen a mesma incidencia nas localizacións e manifestacións da arteriosclerose. Así, a hipertensión arterial xoga un papel moi importante na localización cerebral, o colesterol nas arterias coronarias e o tabaco na de extremidades inferiores. Neste último caso, ten tamén un papel fundamental a diabetes, que aumenta o risco de padecer lesións isquémicas serveras nas extremidades inferiores.

Dor na coxa ou nos glúteos

O síntoma máis importante da arteriopatía periférica obstrutiva das extremidades inferiores é a dor nas masas musculares da perna, coxa ou rexión glútea. É unha dor inducida pola actividade. A persoa afectada percorre unha distancia, variable segundo a gravidade; aparece a dor que a obriga a parar; repousa dous ou tres minutos, e volve andar ata que xorde de novo a dor.

Esta dor é de orixe isquémica, é dicir, por falta de rega sanguínea. Do mesmo xeito que no corazón aparece a dor (anxina de peito) cando non lle chega sangue ó músculo cardíaco, o mesmo acontece nas extremidades inferiores cando lles falta sangue: o músculo doe, berra, avisa que algo está a pasar. A dor é ante todo un sinal de alarma. Por iso cando as pernas molestan ó andar e melloran co repouso, non hai que conformarse con atribuílo ó cansazo ou a un problema reumático. En inverno, coa chegada dos fríos e a vasoconstrición que produce nas arterias, persoas ata daquela asintomáticas poden comezar a manifestar os primeiros síntomas da enfermidade.

A localización da dor depende da localización da lesión arteriosclerótica e da obstrución. Cando é alta, á altura da aorta, a dor xorde na cadeira e na coxa, e se se sitúa máis abaixo, por exemplo nos femorais, a dor focalízase nas coxas; e se a lesión está á altura do xeonllo, doen os músculos xemelgos. A afección das extremidades inferiores produce ademais outros síntomas, como sensación de frío, formigos ou cambras nas pernas. Estes síntomas son ás veces os primeiros en aparecer e clasifícanse en función da súa continuidade e grao de intensidade.

Gradación da sintomatoloxía da APO

  • Grao I: Síntomas como frialdade, formigos, cambras, parestesias
  • Grao II a: Dolor con la marcha que aparece después de 150 metros, lo que se conoce como claudicación intermitente moderada
  • Grado II b: Dor coa marcha que aparece despois de 150 metros, o que se coñece como claudicación intermitente moderada
  • Grao III: Dor en repouso
  • Grao IV: Lesións tróficas que poden chegar á necrose e á gangrena

* CLASIFICACION SEGUNDO CRITERIOS DE FONTAINE

Evolución lenta

A arteriopatía obstrutiva crónica de extremidades inferiores evoluciona devagar. O diagnóstico pódese facer as máis das veces na consulta de atención primaria. Ante os síntomas que describe o paciente, o médico adoita palpar as arterias e aplicar o fonendoscopio ós troncos arteriais.

Se é preciso, os casos remítense ó anxiólogo para unha correcta avaliación mediante técnicas diagnósticas moi precisas. Nas estenoses moi localizadas e críticas, cómpre recorrer á cirurxía para permeabilizar a arteria, colocar un by-pass e revascularizar. Pero, polo xeral, o tratamento baséase en medidas hixiénico-dietéticas. A máis eficaz é o abandono do hábito tabáquico. Os compoñentes do tabaco producen constrición das arterias, o que agrava a insuficiencia circulatoria. Os tratamentos farmacolóxicos a base de pentoxifilina, que mellora algo a circulación, son pouco eficaces para combater a enfermidade. A súa función é proporcionar alivio sintomático da claudicación intermitente.

É fundamental controlar os factores de risco: hipertensión arterial, dislipemia, diabetes, obesidade, sedentarismo. A este respecto, os cambios no estilo de vida son básicos para controlar a evolución e mellorar a circulación. Hai que andar, aínda que doa un pouco. Pero, sobre todo, deixar de fumar.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto