Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Outras informacións sobre Saúde: Candidiase / Traballar demasiado favorece a hipertensión / Hipnose para os calvos / O po non favorece a asma / Máis fatigados se hai lúa chea / Entrevista: Ian Banks, presidente do Foro Europeo para a Saúde Masculina

En catro palabras

Candidiase:

As persoas en tratamento de quimioterapia, ou quen debe tomar antibióticos de amplo espectro ou corticoides durante moito tempo, son candidatos a padecer a candidiase, unha enfermidade infecciosa producida por un fungo do xénero cándida. Este fungo atópase na mucosa da boca, do aparello dixestivo e no xenital. De aí pódese propagar ó resto do organismo e desencadear o cadro.

O que avisa non é traidor

Traballar demasiado favorece a hipertensión

A posibilidade de vivir sen traballar é un soño de moitas persoas. Agora teñen a escusa ideal para, polo menos, traballar menos horas. Un estudo realizado nos Estados Unidos con máis de 24.000 empregados e publicado no número de outubro da revista Hypertension revela que traballar en exceso pode ser prexudicial para a saúde porque pode provocar un considerable aumento da presión arterial. Os investigadores suxiren que unha xornada de traballo de moitas horas deixa menos tempo para que a persoa se recupere dos efectos da actividade, en especial se esta é continua. Aseguran que botar demasiado tempo no lugar de traballo adoita levar implícito beber e fumar máis, ter unha dieta pouco equilibrada e non practicar exercicio, factores todos eles que, unidos, favorecen a hipertensión arterial e a aparición de enfermidades cardiovasculares.

Novas

Hipnose para os calvos

Nin xampús, nin locións, nin complexos vitamínicos. Quen padeza alopecia areata pode diminuír a perda de pelo mediante a hipnose. É o que asegura un grupo de investigadores nun traballo publicado na revista Journal of the American Academy of Dermatology. Na investigación tratouse a 21 persoas cunha perda do coiro cabeludo maior ó 30%. Logo da hipnoterapia, 12 pacientes recuperaron pelo no 75% da área afectada e 9 recuperárono totalmente. Os científicos continúan a investigar xa que se descoñece o modo exacto en que a hipnose estimula o crecemento do pelo, polo que os resultados son orientativos.

O po non favorece a asma

Ter a casa "como os chorros do ouro" non é o máis recomendable para os nenos que padecen alerxia e asma. Un estudo publicado en The New England Journal of Medicine constata que, contrariamente ó sostido ata agora, os nenos que viven arrodeados de máis substancias bacterianas -como as procedentes do po ou dos animais- teñen menos risco de sufriren asma. Investigadores austríacos, suízos e alemáns avaliaron a 800 nenos de entre seis e trece anos, dos que 319 vivían en granxas. O resultado do estudo demostra que só o 4,1% dos nenos que convivía con gando padecía febre do feo, e un 3,1% asma. Entre os demais participantes, a incidencia destas complicacións era dun 10,5% e dun 5,9%, respectivamente.

Máis fatigados se hai lúa chea

No imaxinario popular sempre se asociaron os ciclos de lúa a cambios fisiolóxicos e de comportamento e mais a trastornos da saúde. Agora demostrouse cientificamente. Un recente estudo publicado na revista médica Journal of Sleep Research evidencia que a fatiga matinal está vinculada ás fases lunares, e que o cansazo é maior durante o período de lúa chea.

Entrevista

 

Ian Banks, presidente do Foro Europeo para a Saúde Masculina

"O 10% dos pais tamén sofren depresión pos-parto"

Se os homes morren antes cás mulleres, non será só por causas naturais.
A mente masculina está un pouco avariada. Un médico de atención primaria, así e todo, cre comprender mellor a depresión feminina cá masculina e por iso a diagnostica máis.

Pode que ós homes non lles guste exhibirlle as súas debilidades a outro home.
No Reino Unido, o 75% dos suicidios corresponde a homes en idade madura. De feito, o suicidio é a principal causa de mortalidade en homes de menos de 35 anos en Gran Bretaña.

Tan sensibles son os homes?
Os homes teñen tanta ou máis sensibilidade cás mulleres; o noso problema é a dificultade para expresar emocións que cualificamos axiña como debilidades mentais e que nos avergonzan.

Tampouco se trata de lle ir consultar os desamores a un médico xeneralista.
Dependerá da intensidade coa que o desamor nos estea a afectar. Pense que moitos síntomas físicos como xaqueca, dor de costas, insomnio ou gastroenterite poden subxacer a un conflito emocional mal resolto.

Beber para esquecer?
Non serve de nada. O 67% de quen consume alcohol en cantidades arriscadas son homes, e o o 80% dos dependentes do alcohol tamén. Ata é falso que a depresión pos-parto lles afecte só ás mulleres: un de cada 10 pais padécea tamén.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto