Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O piso no que vive de alugueiro cambia de propietario

Se o arrendador do piso no que vivo en alugueiro o vende, o hipoteca ou o perde por non pagamento, podería continuar vivindo nel se teño un contrato legar, por suposto aboando o alugueiro anterior, aínda que sexa moi baixo? Ademais, gustaríame saber cal pode ser o prazo do contrato.

 

En caso de que o propietario dunha vivenda arrendada a venda, o inquilino non a ten que abandonar inmediatamente, xa que o contrato de alugueiro segue vixente polo menos ata que se cumpran os cinco primeiros anos. Segundo a Lei de arrendamentos urbanos de 1994, o comprador substitúe ó arrendador nos seus dereitos e obrigas durante ese prazo. Se a duración do contrato de alugueiro é maior, tamén vinculará ó novo propietario, salvo que adquira a vivenda de boa fe sen coñecer a existencia do arrendamento. Nese suposto, só deberá soportar o arrendamento durante o tempo que quede para o transcurso do prazo de cinco anos, pero o anterior propietario debe indemnizar ó arrendatario cunha mensualidade de renda en vigor por cada ano de contrato que, excedendo do prazo citado de cinco anos, falte por cumprir.

Non obstante, cando no contrato de alugueiro se estipule que a venda da vivenda extinguirá o arrendamento, o comprador só deberá soportar o arrendamento ata que conclúa o prazo inicial de cinco anos. En caso de que o arrendador perda a vivenda por venda forzosa derivada de execución hipotecaria, o dereito do arrendatario tamén continuará ata que se cumpran cinco anos. Se xa pasaran eses cinco anos nun contrato de duración maior, o arrendamento quedaría extinguido a non ser que o seu contrato conste no Rexistro da Propiedade con anterioridade á hipoteca. Neste caso o contrato continuará pola duración pactada.

Para concertar un alugueiro, a lei sinala un mínimo de cinco anos, prorrogable outros tres anos, pero o prazo pode ser maior. Cando é así, interésalle ó arrendatario a súa inscrición no Rexistro da Propiedade como medida de protección.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto