Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Remuneración en especie: O bazar bancario

No outono, aumentan as ofertas de depósitos bancarios que ofrecen regalos como vaixelas, equipos de música ou cámaras dixitais a cambio de ingresar a prazo fixo determinadas cantidades de diñeiro

 

Seguro que algunha vez se sentiu tentado de acudir ó seu banco a contratar ese depósito que non deixan de anunciar soamente para levar a vaixela, a cafeteira ou o reprodutor .mp3 de moda que a entidade se compromete a regalarlle. Este tipo de obsequios son o que na linguaxe bancaria se denomina remuneración en especie e substitúen ós populares tipos de xuro. O banco ou caixa en cuestión dálle ó cliente o regalo no canto de ofrecerlle unha cantidade de cartos para ingresar na súa conta corrente. O outono e mais a primavera son as dúas tempadas nas que bancos e caixas avivan as súas promocións.

Como obter un regalo bancario?

As entidades saben que ofrecer un agasallo a quen contrate un depósito, unha conta, un fondo de investimento ou un fondo de pensións, por pór algúns exemplos, é un incentivo moi eficaz para ganar clientela. De aí que continuamente bancos e caixas traten de atraer a usuarios con vaixelas, cuberterías, ferros de pasar, cafeteiras, teléfonos ou dvd para que contraten o produto que toque. Esta práctica, que se remonta á década dos 80, segue a estar vixente hoxe.

 

O sistema é ben sinxelo: a persoa interesada elixe o produto financeiro que o banco ou caixa ten en promoción e, ó pouco tempo, o cliente recibe na casa ou na súa sucursal bancaria o regalo elixido. Pero, resulta de verdade rendible acollerse a este tipo de promocións? Para darlle resposta a esta cuestión, convén coñecer o prezo de mercado do regalo que a entidade publicita e o tipo de xuro que representa. É interesante calcular se cos xuros en efectivo se podería mercar o regalo no mercado ou non serían abondos. Neste último caso, si que resultaría interesante acollerse á promoción. Isto adoita ser habitual porque as entidades conseguen os regalos a prezo de custo e a miúdo repercútenllelos ós clientes a prezos algo máis baixos ca ó que se atopan no mercado.

Tamén é aconsellable comprobar o xuro medio que están ofrecendo as entidades no momento actual e comparalo co da promoción en cuestión. Se pode atopar un depósito ou unha conta cun tipo de xuro realmente máis alto, será mellor optar pola remuneración en efectivo. Por exemplo, na actualidade a rendibilidade media dos depósitos sitúase no 2,9%. Así e todo, hai numerosas entidades que ofrecen depósitos a un tipo de xuro máis elevado, de ata o 4% TAE a un ano (as ofertas máis interesantes atópanse en maior medida nas entidades online).

Coidado coas penalizacións

En calquera caso, todas as promocións que supoñen a entrega dun regalo a cambio de ingresar diñeiro nun produto bancario impoñen certas condicións, como manter o aforro un determinado tempo (os prazos van desde os 3 meses ata varios anos). Se o cliente incumpre este requisito e desexa sacar os cartos antes de tempo, as entidades contan con elevadas penalizacións (de ata o 3%). Isto é o que se denomina comisión de cancelación anticipada. Con esta tarifa, a entidade pode recuperar con creces o prezo do regalo en cuestión que o cliente xa ten na casa.

A quen lle interesan os regalos bancarios?

Para moitos clientes bancarios, recibir un regalo por facer un ingreso na súa conta corrente é unha opción máis atraente ca obter un pequeno xuro polos seus cartos. Pero o que non é tan coñecido é que estes regalos tamén tributan, aínda que a súa fiscalidade é moi particular. De feito, por recibir unha vaixela, unha cafeteira ou un espremedor dunha promoción dunha entidade financeira hai que renderlle contas a Facenda.

Que fiscalidade teñen os regalos bancarios?

Facenda considera que o importe dos regalos que reciben os clientes dunha entidade financeira é rendemento de capital mobiliario (segundo a lei fiscal, considéranse rendementos íntegros de capital mobiliario a totalidade de utilidades ou de contraprestacións que proveñan de elementos patrimoniais, bens ou dereitos de natureza mobiliaria dos que é titular o contribuínte e que non están suxeitos a actividades económicas realizadas por el mesmo). O importe do regalo que recibe un cliente bancario considérase para os efectos fiscais rendemento de capital mobiliario, suxeito a tributación e a ingreso a conta do 15%. Para calcular o ingreso a conta do devandito 15%, a entidade financeira toma como valor do regalo o prezo de custo, polo tanto ten que informar o cliente do valor deste regalo e tamén do xuro TAE que suporía en caso de que o que lle ofrecesen fose retribución en cartos ou en efectivo.

Integrarase como rendemento de capital mobiliario o resultado de incrementarlle ó valor de mercado do regalo o ingreso a conta realizado a cargo da entidade. O ingreso a conta obterase do cálculo do 15% do valor de mercado da retribución en especie.

Cun sinxelo exemplo pódese comprender mellor a explicación: o Banco X regálalle a un cliente que contrata un plan de pensións un microondas, que ten de prezo de mercado 85 euros. Como sobre o valor do regalo Facenda ten que realizar o ingreso a conta, hai que calcular o 15% de 85, é dicir, 12,75 euros, a cantidade que reterá Facenda na próxima Declaración da Renda do contribuínte por obter este regalo.

Na súa próxima declaración do IRPF, o cliente deberá recoller como un ingreso de capital mobiliario a suma do regalo da entidade máis o importe que realizou no banco. O ingreso a conta será a retención que leva Facenda. Polo tanto, aínda que se trata dun regalo, todo cliente terá que pagar a retención fiscal correspondente a esa remuneración en especie.

Todas as entidades inclúen a tributación dos seus regalos bancarios no seu extracto de información fiscal, que están obrigadas a proporcionarlles ós seus usuarios cando se achega a campaña do IRPF. Nese extracto deberá vir especificada a cantidade concreta do correspondente ingreso a conta que se lle paga ó fisco.

A oferta de agasallos bancarios

Entidade Regalo que ofrece Produto que hai que contratar Importe ou condicións esixidas
Caja Madrid Xogo wok e tixola Plan de pensións Traspasar ou ingresar máis de 2000 euros
Balón oficial Champions League Tarxeta champions Caja Madrid Facturar 50 euros en comercios antes do 30/11/06, ou ata fin de existencias
La Caixa Reloxo exclusivo Antonio Miró Depósito Nómina 10 2.500 euros
Blablaboli (gravadora de voz-bolígrafo) Ingresar cartos na Megalibreta Estrela -
Xogo de 6 vasos e xerra Depósito 800 euros
Guitarra eléctrica, televisores, teléfonos sen fíos, vaixelas, cuberterías, cristalerías Depósito Estrela Desde 1.000 euros
Caixa Catalunya Albornoz Domiciliar nómina e recibos -
MP3 Domiciliar nómina e recibos
Ibanesto Ipod nano 2MG Domiciliar nómina Nómina superior a 800 euros/mes
Banco del Deporte Cámara dixital 6 megapixels Domiciliar nómina Nómina superior a 800 euros/mes
Kutxa TV y DVD Depósito a prazo 15.000 euros
Cámara dixital Depósito a prazo 12.000 euros
DVD gravador Depósito a prazo 7.400 euros
Caja Vital Termo aceiro Facer achegas a un plan de pensións 2.000 euros
Trade percutora Facer achegas a un plan de pensións 18.000 euros
Cafeteira hidropresión Facer achegas a un plan de pensións 24.000 euros
Microcadea de música Facer achegas a un plan de pensións 30.000 euros
BBVA Set nórdico de 5 pezas O Libretón 2.800 euros
Entidade Prazo do investimento Prezo de mercado do produto Tipo de xuro que representa
Caja Madrid Manter os cartos polo menos 6 meses 30 euros -
- 30 euros -
La Caixa 15 meses e 16 días 60 euros 0,66%-16,04
- 30 euros -
12 meses 15 euros 2,37%
18 meses Variable en función do regalo 3-2%
Caixa Catalunya Manter a nómina polo menos 12 meses 30 euros -
Manter a nómina polo menos 24 meses 50 euros
Ibanesto Manter a nómina polo menos 24 meses 250 euros 1,3
Banco del Deporte Manter a nómina polo menos 24 meses 150 euros 1,56
Kutxa Un ano 550 euros 2,88
Un ano 300 euros 2,87
Un ano 250 euros 2,89
Caja Vital Polo menos un ano 30 euros 1,5
Polo menos un ano 100 euros 2,19
Polo menos un ano 150 euros 2,44
Polo menos un ano 200 euros 2,56
BBVA 4 meses 60 euros 4,18

Cámara dixital ou xuro en efectivo?

 

O cliente que sopese a posibilidade de conseguir unha remuneración en especie debe ter en conta que se compromete a ingresar unha cantidade X de diñeiro durante un tempo. Canto maior sexa o tempo ó que estea disposto a ter retidos os seus cartos, menor será a cantidade que lle obriga a entidade a ingresar. Por exemplo, na actualidade pódese conseguir unha cámara dixital acolléndose a varias opcións: ingresar 2.400 euros durante 30 meses, 3.000 euros para 24 meses, 4.200 euros en 18 meses, 6.500 euros durante 12 meses ou 8.000 euros durante 10 meses.

Por exemplo, se un aforrador ingresa 2.400 euros durante 30 meses para obter a cámara dixital, o xuro TAE que representaría o regalo sería do 3,17% TAE. Isto quere dicir que, en caso de obter remuneración en efectivo, o cliente recibiría 190,2 euros, un xuro apreciable pero seguramente insuficiente para conseguir unha cámara das características da oferta. Polo tanto, resultará máis atractivo levar a cámara dixital para a casa.


Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (130 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto