Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Forno de cociña: De electrodoméstico desbotado a obxecto de desexo

A nova xeración de fornos asa, gratina, levanta masas, cociña varios pratos á vez, non emite fumes, límpase soa...e ata dá receitas

 

É un dos electrodomésticos protagonistas da cociña. Logo duns anos relegado das súas funcións polo microondas, o forno deixou de ser un caixón para gardar tixolas e recuperou o seu lugar. Os novos aparellos axuntan deseño de vangarda, máxima eficacia e funcionalidade e sofisticados sistemas de autolimpeza. Velaquí as pautas para non perderse ante tanta innovación.

Máis limpos con menos esforzo

  • Os fornos tradicionais teñen paredes lisas que facilitan a súa limpeza, que se realiza a miúdo, cunha baeta e cos produtos de limpeza necesarios.
  • Nos fornos con autolimpeza catalítica, as paredes son rugosas para que absorban o lixo. A superficie áspera e porosa descompón a graxa e os cheiros en dióxido de carbono e auga. As zarrapicaduras de alimentos de maior tamaño adoitan desaparecer ó cabo de varias conexións do forno. Os restos de condimentos e manchas semellantes adheridas ó esmalte pódense eliminar cun cepillo de serdas suaves ou cun pano enxoito. En ningún caso se deben empregar produtos limpadores.
  • Se o que busca é obter a limpeza máis hixiénica co mínimo esforzo, daquela debe elixir un forno con limpeza pirolítica. É o sistema máis avanzado, aínda que tamén o máis caro (uns 700 euros). A pirólise somete os residuos de graxas e alimentos a unha temperatura de 500 ºC, o que calcina calquera resto de lixo.
  • Na elección dun forno, cómpre ter tamén en conta o tipo de esmalte que cobre as súas paredes:
    • Titán: a súa superficie extra-esvaradía fai que os restos de lixo adheridos sexan mínimos e que se poidan retirar coa axuda dun pano húmido e, ademais, ten unha gran resistencia a golpes, rabuñadas e altas temperaturas.
    • Cristal Clean: proporciona unha superficie moi resistente, lisa e brillante, que evita que os alimentos se adhiran.
    • Top Slide: procura unha menor adherencia dos alimentos.
    • Clean-Enamel: impide que se fixen as zarrapicaduras de graxa e lixos, e permite que os carrís laterais se extraian facilmente.

Fornos seguros e sen malos cheiros

  • Se quere evitar queimaduras, elixa un forno con sistema de Porta Fría, que permite manter a temperatura exterior da porta en niveis por baixo da norma europea de electrodomésticos. Tamén ten a opción de mercar un forno con protección térmica para a porta, Isofront Plus, que consiste en tres cristais que impiden que a temperatura supere os 50 ºC.
  • Para reducir as temperaturas que se xeran na maneta (tirador) e no frontal do forno, hai que evitar as condensacións por saída de vapores e refrixerar os mobles en que vai instalado o forno coa creación dun fluxo de aire ó seu redor. Algúns fornos incorporan un sistema de ventilación dinámica con antibafo.
  •  Tamén é posible diminuír os vapores do interior do forno e a emisión de vapores ó exterior, evitando que se forme unha película de graxa sobre os mobles da cociña, se o aparello incorpora un filtro ActivCat, que actúa como catalizador de cheiros e filtro antigraxa.
  • Unha terceira opción para evitar os vapores é adquirir un forno con cámara de mesturas MCS. Este sistema de refrixeración dinámica do forno permite reducir a temperatura de saída dos vapores de cocción e a xeración de condensacións no interior da cavidade antes da súa extracción ó exterior.
  • Se na súa casa hai cativos, é moi recomendable que o seu forno dispoña dun sistema de bloqueo que impida a súa posta en marcha de maneira accidental ou sen a supervisión dun adulto.

Comida a punto co mínimo esforzo

  • Nun forno con Touch Control abonda con tocar o cristal cerámico da placa de cociña para activar as funcións que se amosan nun panel dixital. Seleccionando unha función poderá regular exactamente a intensidade da calor, o quecemento rápido, desconexión de seguridade, etc. Pódeo atopar por uns 500?.
  • Se adquire un forno con sistema EPS, saiba que vai poder seleccionar temperaturas entre 50 ºC e 300 ºC, cun control electrónico preciso, e ata 24 programas automáticos de cocción e 10 funcións de quecemento diferentes (forno con vapor, forno de leña, etc.). Desde 700?.
  • Se o que anda a buscar é o máis semellante posible a un asistente persoal na cociña, e pode pagalo, decídase por un forno con sistema EPS Plus (arredor de 1.000 euros), que o guiará na elección dos diferentes pratos, proporcionándolle información en todo momento. Indica as condicións óptimas de temperatura ou a altura da bandexa para acadar os mellores resultados. Todas as recomendacións e toda a información está á vista nun menú de textos que ofrece a posibilidade de realizar apuntes personalizados.

Funcións especiais

  • Para os afeccionados ós pratos gratinados, algúns modelos incorporan melloras moi novidosas, como o Turbo-grill, que produce unha calor superior moi potente e un reparto da temperatura de xeito que non cómpre darlle a volta ó alimento durante a cocción. Se lle interesa regular a intensidade do grill mediante o termóstato, convenlle un forno con Vario-grill. Para obter un gratinado en maiores superficies ca no grill e cunha maior potencia, cómprelle un forno con MaxiGrill. Se ademais quere acadar un asado uniforme ó mesmo tempo que doura superficialmente, a solución tena nun MaxiGrill con turbina.
  • Para as familias numerosas, ou para persoas ás que lles guste cociñar a maioría dos pratos no forno, a mellor elección é un aparello que incorpore un Turbo Plus ou un Turbo-forno. Con estas funcións, poderá cociñar varios pratos ó mesmo tempo, sen mestura de cheiros nin sabores.
  • No forno dos larpeiros non pode faltar a función Turbo-soleira, aconsellada para repostería e pizzas, ou a Calor tradicional Eco, ideal para levantar masas de pan ou repostería.

Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (94 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto