Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Outras informacións sobre Novas Tecnoloxías: O Blog de Enrique Dans / "MP3" / Vídeo: "O senador Conrad Burns dórmese durante un mítin" / Emisoras para investigar nova música

CADA MES UN BLOG

O Blog de Enrique Dans

 

Enrique Dans estudou bioloxía en Santiago de Compostela, marchou ós Estados Unidos para continuar aprendendo na escola de negocios de Harvard, amais de obter o doutoramento en Sistemas de Información na Universidade dos Ánxeles (UCLA). Na actualidade exerce como docente no Instituto de Empresa, onde trata de promover o interese pola tecnoloxía nas novas xeracións de executivos. O seu blog é unha especie de caderno de "reflexións socioeconómicas dun profesor no seu tempo libre". As súas reflexións están dotadas de tal mestura de curiosidade case infantil e de pedagoxía repousada que a súa lectura é tan pracenteira como instrutiva e reveladora.

O CONCEPTO DO MES

"MP3"

MP3 é o que se coñece como un "formato de compresión". De feito, a conversión dun arquivo de audio normal a un MP3 supón unha perda de información. En sentido estrito, MP3 é o nome que se lle outorga a un tipo de arquivo de audio que vai incluído dentro dun arquivo máis amplo e multimedia. A súa orixe hai que buscala no arquivo de vídeo dixital, que orixinariamente estaba dividido por capas. Así, un arquivo MPEG-1 contiña diversas capas de audio e de vídeo, das que a capa tres correspondía ó arquivo de audio MP3. O formato MPEG-1 utilizábase para gravar os vídeos en soporte óptico CD. Cada capa, de audio ou de vídeo, gravábase cun láser a unha profundidade definida do disco óptico; MP3 era a terceira profundidade desde a superficie. O formato MPEG-1 hai tempo que se abandonou, pero non así o MP3, que tivo un éxito enorme porque permite almacenar ata doce veces máis cancións cós formatos "non comprimidos". De feito, a popularidade do MP3 non vén da súa calidade de son, senón da súa lixeireza.

O VÍDEO DO MES

"O senador Conrad Burns dórmese durante un mítin"

 

Son moitos os personaxes públicos que adormeceron durante algún sermón, discurso ou acto público deses que resultan "hipnóticos" por pesados e aburridos. Pero o senador republicano estadounidense por Montana Conrad Burns estaba en plena campaña electoral, e os seus opoñentes demócratas seguíano cunha cámara de vídeo alá onde fora. A súa intención era pillalo nun renuncio como no que, efectivamente, o atraparon. Con este vídeo comprometedor no seu poder, faltoulles tempo ós demócratas para subilo a Youtube e espallalo por todo o país. Aínda non sabemos se Burns vai gañar ou perder as eleccións, pero o que está claro é que o portal de vídeos xa se converteu nunha perigosa arma propagandística.

Navegar á carta: Emisoras para investigar nova música

Last FM

: O que fai Last FM en esencia é cruzar as listas de cancións que escollen os seus usuarios para ver os puntos que teñen en común, é dicir, as cancións que lle gustan a máis dunha persoa.   Así, presupón que se dous usuarios comparten o gusto por un determinado grupo de cancións, é moi posible que o resto de cancións que escoita un deles lle vaian gustar ó outro. A maior porcentaxe de gustos compartidos entre dous ou máis usuarios, máis probable é que, en xeral, lles guste a mesma música. A teoría funciona: Last FM é a raíña das radios sociais, polo menos en popularidade.

Pandora:

Nesta emisora, a radio trata de adiviñar os gustos do usuario. Para escoitar as cancións de Pandora non é preciso, en principio, realizar ningún tipo de subscrición, aínda que se un se subscribe pode comezar a interactuar coa emisora. O primeiro que lle vai preguntar esta é que nome quere para personalizar a súa propia emisora. Deseguido, así que a emisora está bautizada, Pandora pediralle unha canción, ou un autor, inicial para configurar a programación. A partir deste primeiro dato, Pandora comeza a emitir na emisora persoal do usuario. Se a este non lle gusta a canción que emite Pandora, só ten que ir ó apartado "Guide us" ("Guíenos") e pedir que a canción non volva soar. Se a canción, pola contra, lle gusta, tamén pode pedir máis cancións parecidas.

Radio Feeds

: En realidade, trátase dun compilador de radios online do Reino Unido. A súa páxina non é de deseño elaborado, nin ten grandes filigranas técnicas, pero presenta un completísimo directorio de emisoras británicas de gran variedade de temáticas, estilos e mesmo de comunidades étnicas: desde música irlandesa e escocesa ata india, paquistaní, rock cristián ou ska xamaicano e reggae, pasando polo soul, o jazz urbano e os programas de música clásica da BBC.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto