Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Usuarios satisfeitos coa atención médica pero descontentos coas esperas

Os pacientes aproban con nota o servizo médico e mais o trato persoal que reciben. Os ambulatorios atópanse en bo estado, pero a información ó usuario é deficiente. O tempo medio de cada consulta é curto, só dez minutos

Consellos para unha mellor atención sanitaria

Prepare a visita ó médico

  • Anote as preguntas e comece sempre polas máis importantes.
  • Leve unha axenda, un caderno ou calendario para apuntar as indicacións do médico.
  • Se cre que o precisa, vaia acompañado. Moitas persoas póñense nerviosas ante a visita ou ante o que lles poida dicir o médico. Por iso, é recomendable ir acompañado de alguén de confianza, para que axude a formular preguntas, entender o que di o doutor e facerlle compaña ó paciente.
  • É moi importante ir vestido con roupa cómoda, que sexa fácil de poñer e quitar. Pode que o médico requira tomarnos a tensión, realizar unha exploración... trátase de non perder tempo para vestirse e espirse. Hai que facer especial fincapé neste punto en inverno e cando se trata de persoas que precisan axuda, como nenos, escaiolados, anciáns, etc.

A espera...

  • Chegue con tempo abondo. Non vaia co tempo xuntos, é mellor chegar un chisco antes, e así terá tempo para prepararse, quitar a roupa de abrigo, ir ó aseo, etc.
  • Reláxese. Respire amodo e profundamente, lembre algo que lle produza tranquilidade ou cantarique mentalmente unha canción.
  • Repase a situación. Repítase a si mesmo o que lle vai dicir ó médico: que lle pasa, desde cando e que precisa.

Durante a visita

  • Comparta a información da que dispón. É importante facerlle chegar ó doutor información persoal que o poida axudar no diagnóstico, aínda que o faga sentir incómodo. Leve canda vostede unha lista dos medicamentos que usa e informe o médico de calquera tipo de alerxia. Infórmeo tamén do consumo de remedios naturais ou tratamentos alternativos e pregunte acerca das súas posibles contraindicacións. Achegue toda a información médica da que dispoña, tal como radiografías e resultados de exames médicos.
  • Escoite atentamente. Escoitar con atención é tan importante como explicar o que lle pasa.
  • Non quede coa dúbida, pregunte. Se algunha cuestión non quedou clara, pregunte todas as dúbidas que teña e asegúrese de que entende as respostas.
  • Repítalle ó médico o que entendeu para comprobar se falta algo.
  • E se ó chegar á casa ten novas dúbidas? Pregunte qué facer se esquece algo ou se lle xorden novas preguntas. Por exemplo, se hai algún teléfono de información, páxinas web ou outras alternativas.

Tras saír da consulta

  • Programe a seguinte visita.
  • Recolla a documentación necesaria. Repase se hai que solicitar algún documento ou papel antes de abandonar o centro.
  • Lea os prospectos e as advertencias dos medicamentos. O seu coidado médico continúa despois da consulta ó doutor.
  • Concerte unha nova cita se... os seus síntomas empeoran, se lle fixeron exames médicos e non lle deron os resultados ou se ten problemas coa súa medicina.
  • Se realizou algunha proba, exame ou análise médica asegúrese de obter os resultados. Así que os reciba, pregunte aqueles aspectos que non entenda.

Que dereitos temos os pacientes?

  • Temos dereito a acceder a calquera servizo sanitario público. O usuario pode elixir o centro e o médico de atención primaria, sempre dentro das condicións que regula a normativa. Está no seu dereito de obter os fármacos, produtos e accesorios que precise para preservar e recuperar a saúde.
  • Débesenos garantir a efectividade e adecuación de prazo no acceso á asistencia sanitaria.
  • Temos dereito a recibir un servizo que garanta a nosa dignidade e a non ser discriminados pola patoloxía da que sexamos portadores, nin pola nosa raza, crenzas, orientación sexual ou outros motivos. Tamén se debe preservar a nosa intimidade e a confidencialidade dos actos sanitarios que se refiran a ela.
  • Está vostede no seu dereito tanto de que se lle informe como de que non se lle informe. Ademais, débese respectar que se negue a recibir os tratamentos e actos sanitarios propostos.
  • É libre de pedir unha segunda opinión respecto do diagnóstico e tratamento da súa enfermidade.
  • É o noso dereito coñecermos a identidade de calquera profesional da saúde que nos atenda.
  • Estar acompañado pola persoa da súa confianza que decida durante a asistencia médica é outro dereito.
  • Débensenos facilitar os certificados médicos acreditativos do noso estado de saúde de modo gratuíto, cando así o estableza a lei, ou os informes médicos oportunos que se soliciten.
  • Debe ter vostede á súa disposición unha carta de servizos que exprese os seus dereitos e deberes respecto do sistema sanitario, os seus servizos e prestacións. Ademais, ten dereito a presentar queixas, reclamacións e suxestións en relación co sistema sanitario, as instalacións ou os profesionais que o atenden.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto