Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Usuarios satisfeitos coa atención médica pero descontentos coas esperas

Os pacientes aproban con nota o servizo médico e mais o trato persoal que reciben. Os ambulatorios atópanse en bo estado, pero a información ó usuario é deficiente. O tempo medio de cada consulta é curto, só dez minutos

 Cada persoa acode cada ano en España unha media de 7 veces ós Centros de Saúde de Atención Primaria, máis coñecidos como ambulatorios. Esta frecuencia de uso e a súa condición de primeiro elo do sistema sanitario marcan a relevancia dunha infraestrutura asistencial clave. Revisións, vacinacións, asistencia a enfermos crónicos, tratamento de procesos agudos ou coidados paliativos son algúns dos campos de actuación dos 2702 ambulatorios españois, xestionados polas comunidades autónomas.

CONSUMER EROSKI investigou algúns parámetros fundamentais da calidade do servizo que ofrecen estes centros de atención primaria, e fíxoo mediante dous métodos complementarios. Dunha banda, estudouse o grao de satisfacción dos usuarios, para o que se lles realizou o pasado mes de xullo unha enquisa a 4.700 pacientes maiores de idade de 162 ambulatorios distribuídos en 18 provincias: A Coruña, Álava, Alacante, Asturias, Barcelona, Córdoba, Granada, Guipúscoa, A Rioxa, Madrid, Málaga, Navarra, Murcia, Sevilla, Valencia, Valladolid, Biscaia e Zaragoza. Doutra banda, técnicos de CONSUMER EROSKI comprobaron, mediante visita in situ, o despregue e o estado de equipamento e os servizos deses 162 ambulatorios. Ademais, rexistraron os tempos de espera e os minutos que cada médico lles concedía de consulta a 3.250 usuarios. Fíxose anotando, cronómetro en man, a hora da cita previa, a hora de entrada do usuario á consulta e a hora á que saíu dela cada un destes pacientes. Neste extenso estudo non se incluíu, pola imposibilidade da súa medición, o elemento fundamental dun sistema de saúde: a eficacia médica na curación das persoas.

Os datos xurdidos da investigación falan (en termos medios, porque hai moitas excepcións) dun usuario notablemente satisfeito, tanto co trato que recibe do persoal sanitario (médicos e enfermeiras), como coa capacidade de escoitar do médico e a súa disposición a lle explicar ó usuario o uso dos medicamentos ou a responder as súas preguntas ou dúbidas. Os aspectos peor valorados foron a dificultade para conseguir a cita previa, o trato do persoal administrativo do centro de saúde, o tempo de espera e a escasa duración da consulta co médico, que na proba práctica realizada non chegou ós dez minutos de media. Para rematar, a visita realizada por CONSUMER EROSKI ós 162 ambulatorios saldouse positivamente, sobre todo porque o equipamento (non médico) dos centros era o adecuado, se ben en moitos deles a accesibilidade para discapacitados, a información ó usuario e o despregue de servizos catalogáronse como notoriamente mellorables.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto