Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Familias numerosas: Os fillos non sempre traen un pan baixo o brazo

España é o país de Europa que menos axuda lles destina ás familias numerosas, moi por baixo de Grecia e Portugal

 

Ás familias numerosas españolas non lles saen as contas. Unha familia de catro membros ou máis paga pola auga máis do dobre de prezo ca nos fogares de un membro debido ó efecto da tarifa progresiva; se polo número de membros posúen vivendas e coches grandes, a carga impositiva é como se de vivendas ou vehículos de luxo se tratase; os seus fillos non poden acceder a comedores e garderías escolares porque a nai de familia numerosa que traballa na casa é considerada "non traballadora"; no pagamento das taxas ou no acceso a servizos municipais de cultura, deportes, lecer, transportes, o carácter de familia numerosa xera menos axudas có doutros colectivos.

Nun país cun dos índices de fecundidade máis baixo do mundo, 1,32 fillos/muller no 2004, a contribución ó necesario aumento da taxa de natalidade practicamente non ten contraprestacións. A listaxe limítase a pequenos descontos en transporte, educación e IRPF. Esta situación coloca a España á cola europea nesta materia.

Á cola de Europa en axudas

En España hai na actualidade 1.100.000 familias con tres ou máis fillos, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística elaborados co censo do 2004. Así e todo, segundo a Federación Española de Familias Numerosas, o número de títulos oficiais de Familia Numerosa apenas supera os 402.000, en boa parte porque moitas familias renuncian a solicitar este documento, conscientes de que practicamente non reporta beneficios.

Segundo o informe Evolución da Familia en España 2005 do Instituto de Política Familiar (IPF), España é o país de Europa que menos axudas lles destina ás familias, moi por baixo de Grecia e de Portugal. Se se valora o importe dedicado a axudas familiares por persoa e ano, Luxemburgo dálles 16,5 veces máis axuda ás familias ca España, Dinamarca 10 veces, Austria 8, Alemaña 7, Francia 6,5, e os penúltimos da lista, Italia e Portugal, dóbrannos.

A diferenza nas prestacións sociais por fillo ó cargo é tan abismal con respecto ós nosos veciños europeos que un matrimonio español tería que ter 25 fillos (con límite de renda) para ter as mesmas prestacións ca unha familia con 2 fillos en Luxemburgo, independentemente dos seus ingresos. Polo mesmo, tería que ter 13 fillos con respecto a Alemaña, 11 se a comparamos co Reino Unido, e 5 fillos con respecto a Francia.

Concepto de Familia Numerosa

 

Segundo a Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE núm. 277, do 19 de novembro do 2003), considérase familia numerosa aquela composta por:

  • Un ou dous ascendentes con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns.
  • Un ou dous ascendentes con dous fillos, sexan ou non comúns, sempre que polo menos un deles sexa discapacitado ou estea incapacitado para traballar.
  • Dous ascendentes, cando os dous son discapacitados, ou ben polo menos un deles ten un grao de discapacidade igual ou superior ó 65%, ou están incapacitados para traballar, con dous fillos, sexan ou non comúns.
  • O pai ou a nai separados ou divorciados, con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns, aínda que estean en distintas unidades familiares, sempre que se atopen baixo a súa dependencia económica, aínda que non vivan no domicilio conxugal.
  • Dous ou máis irmáns orfos de pai e nai sometidos a tutela, acollemento ou garda que convivan co titor, acolledor ou gardador, pero non se atopen ás súas expensas.
  • Tres ou máis irmáns orfos de pai e nai, maiores de 18 anos, ou dous, se un deles é discapacitado, que convivan e que teñan unha dependencia económica entre eles.

Clasificación

Especial. As familias con catro, cinco ou máis fillos. Así e todo, as unidades familiares con catro fillos clasificaranse na categoría especial sempre que os ingresos anuais familiares divididos polo número de membros que as compoñan non superen no cómputo anual o 75% do salario mínimo interprofesional vixente, incluídas as pagas extraordinarias.

Xeral. A partir de tres fillos, dous se un deles é discapacitado. Para os efectos de clasificación, cada fillo discapacitado ou incapacitado para traballar computará como dous.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto