Saltar o menú de navegación e ir ao contido
A quen estea pensando en pasar polo quirófano para mellorar a súa imaxe se cadra conviríalle irse familiarizando con esta palabra algo impronunciable. De raíces gregas, é o resultado da suma do substantivo blepharon (pálpebra) e do verbo plas (modelar). Con este nome defínese a técnica destinada a remover o exceso de pel e poder manexar as bolsas graxas tanto das pálpebras superiores como das inferiores para mellorar o aspecto de ollos cansos e conseguir que se vexan máis novos e frescos.
Ausencia de colesterol, grandes doses de vitaminas e minerais... É innegable que froitas, verduras e hortalizas son esenciais nunha dieta sa e equilibrada. Pero, lonxe de proporcionar saúde, unha alimentación exclusivamente vexetariana pode comportar riscos, en especial para os máis cativos, xa que non proporciona os nutrientes necesarios para o organismo. A dieta vexetariana está contraindicada para nenos e adolescentes, xa que non cobre os seus requirimentos de proteínas e pode causar un déficit no crecemento. Ademais, nos máis dos casos dá lugar a anemia ferropénica (causada pola carencia de ferro), que provoca cansazo e fatiga e que a miúdo se traduce nun baixo rendemento escolar e en problemas de conduta. Unha dieta sen carnes nin peixe tamén produce déficits de ácido fólico -esencial para a maduración dos glóbulos vermellos- e de calcio, o que pode afectar á densidade dos ósos e causar osteoporose.
Louro, castaño, roxo... ou violeta, fucsia e ata azul. Na actualidade, a cabeza pode lucir calquera cor que desexe. Pero a moda non sempre vai da man da saúde e os expertos alertan de que empregar tinturas para o pelo con excesiva frecuencia pode resultar nocivo. Nos anos 80 falouse da relación entre linfoma e tintura polos colorantes que se empregaban, e cambiouse a súa formulación. Así e todo, a relación entre cancro e tintura do pelo continúa e un estudo do Instituto Catalán de Oncoloxía de Barcelona sinala que o 10% dos linfomas que padecen as mulleres pode estar provocado por esta causa, e que o risco de padecer linfoma é do 26% para quen emprega a tintura unha vez ao mes.
Vía libre para os adolescentes que queiran comer chocolate sen sufrir acne. Logo de anos sendo considerado como o peor inimigo de quen se quería manter libre dos odiados grans, demostrouse que a mala prensa deste produto é inxustificada, segundo os dermatólogos. Estes sinalan para os factores xenéticos e para as flutuacións hormonais como os verdadeiros responsables do acne, feito ao que se une a inxestión de determinados alimentos entre os que destaca o leite, segundo un estudo da Universidade de Harvard. Os consumidores diarios de leite, principalmente do leite desnatado, que beben un ou máis vasos ao día, desenvolven un 22% máis de casos ca os consumidores dun vaso ou menos por semana.
"A menstruación aparece hoxe aos 12 anos, catro antes ca hai medio século"
Non se lles oe aos pais falar ben dos adolescentes. Tan difícil é esta etapa da vida?En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI