Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha usuaria acudiu en 1999 a unha clínica estética para recibir un tratamento dental de carácter estético -extracción de 12 pezas dentarias e colocación de catro implantes osteointegrados- polo prezo de 10.836,25 euros. Esta operación fracasou, polo que a afectada, con problemas de fonación e de deglución, demandou aos facultativos que a interviñeron e ao centro.
A sección segunda da Audiencia Provincial de Sevilla, en sentencia do 30 de marzo do 2005, absolveu aos médicos por actuaren conforme ao saber facer médico, pero declarou á clínica responsable por non acadar o resultado estético buscado e polos danos morais. Argumentou que a odontoloxía estética se enmarcaba dentro dun contrato de obra con obriga de resultado. Probado o seu incumprimento, condenou a clínica a devolver o prezo total xa pagado e a indemnizar en concepto de danos morais en 21.627 euros.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI