Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Querería saber se o dono dun baixo pode romper os dous tabiques de dúas comunidades distintas para unir os locais de ambas, se ten que pedir permiso e se as comunidades llo poden negar.
Sen permiso unánime das dúas comunidades, o propietario de dous locais integrados cada un deles en dous edificios distintos e contiguos non pode romper o muro que os delimita para unilos, nin comunicalos, nin sequera cunha porta. As facultades dos propietarios limítanse a modificar os elementos arquitectónicos e instalacións dos seus pisos e locais sempre que non menoscaben ou alteren a seguridade do edificio, a súa estrutura, configuración ou estado exterior e que non prexudiquen a outros propietarios. Tamén poden unir dous pisos ou locais da súa propiedade, pero dentro do mesmo edificio. Así e todo, precisan en todos os casos o consentimento da comunidade ou das comunidades afectadas.
O Tribunal Supremo, nun suposto no que se trataba da comunicación entre si de locais pertencentes a edificios diferentes, xa expuxo que a obra para comunicar departamentos propios con outros situados en edificio distinto ou contiguo afecta a elementos comúns. Por iso, tal e como recolle a xurisprudencia, requírese o consentimento unánime dos copropietarios, posto que altera o título constitutivo da comunidade, que quedaría gravada cunha servidume innecesaria.
Se o propietario de dous locais de edificios contiguos desexa unilos rompendo ou tirando o muro ou parede de cerre que é límite entre edificios, debe solicitar o permiso das dúas comunidades. Calquera das dúas, ou ambas as dúas, podería negar unha autorización que debe contar co voto afirmativo de todos os propietarios. Tamén podería acudir a xuízo para esixir que se volva pechar se xa se abrira.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI