Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

As herdanzas teñen os seus límites

Estou casada e non teño fillos, si pais. Neste caso, segundo o Código Civil un terzo da herdanza sería para eles, e o meu home tería dereito ó usufruto da metade dos meus bens. As miñas preguntas son: podo dispor por testamento que o meu home herde todos os meus bens? En caso de non o poder facer, podo dispor que o meu home herde máis da metade do usufruto? Canto sería o máximo? Se o meu único ben fose un piso, como se distribúe?

 Na redacción dun testamento, unha persoa casada, sen fillos e con pais, sometida ó Código Civil (veciños de territorio común non suxeitos a dereitos especiais ou forais), debe respectar as regras. Quen ten herdeiros forzosos, como o caso que se presenta, queda obrigado polas limitacións do Código Civil, e, por iso, non pode establecer que o seu home herde todos os seus bens. Estas limitacións veñen representadas polas lexítimas, que son porcións de bens das que a persoa non pode dispor en testamento como desexe por reservalas a lei a favor de determinados herdeiros.

As persoas casadas sen fillos e con ascendentes sometidas á regulación común do Código Civil deben respectar cando fan testamento a "lexítima" dos ascendentes, que é a metade dos bens dos fillos, salvo que sexa un único ascendente, caso en levará un terzo da herdanza. En segundo lugar atópanse os dereitos do cónxuxe viúvo, que ten dereito, como mínimo, ó usufruto da metade da herdanza.

A partir de aí, pode, respectando as lexítimas aplicables ás súas actuais circunstancias, deixarlles en testamento un terzo dos seus bens ós seus pais e os dous terzos restantes completos (non só o usufruto, tamén a propiedade) ó seu home. É dicir, pódelle deixar máis da metade do usufruto ó seu home, ata o máximo de dous terzos en plena propiedade. Só no caso de que falezan os pais ou ascendentes, o seu home poderá herdar a totalidade dos seus bens.

No caso concreto da vivenda, se é propiedade e non un ben ganancial, os seus ascendentes e o seu home pasarían a ser copropietarios en proporción á súa participación na herdanza. Na situación presentada, un terzo sería propiedade dos seus pais e os outros dous, do seu home. Se estima que esta situación podería ser fonte de conflitos, asesórese na mesma notaría ou cun avogado en función dos seus intereses.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto