Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Accidentes domésticos: Na cociña non se xoga

O uso da estancia do fogar con maiores riscos require de prudencia, control e medidas de precaución ineludibles

 Grandes aparellos eléctricos, utensilios aguzados e cortantes, produtos tóxicos, chans esvaradíos e fontes de calor fan da cociña o lugar máis perigoso da casa. Segundo datos do último Programa de Detección de Accidentes Domésticos e de Ocio (DADO), a cociña é a estancia da casa na que máis sinistros se produciron no 2004, un 23%. O informe tamén revela que a preparación da comida destaca como situación na que se producen máis lesións (18%) na cociña. Velaquí algúns consellos para minimizar os riscos.

Produtos químicos e gas

  •  Manteña os produtos tóxicos lonxe de alimentos e bebidas.
  • Con nenos na casa, convén gardar os produtos de limpeza en armarios altos ou con peches de seguridade.
  • Non deposite baixo o vertedoiro desatascadores químicos e limpadores de fornos que conteñan sosa e ácido sulfúrico ou que leven na etiqueta o símbolo de corrosivos: os seus compoñentes reaccionan violentamente á auga e á humidade.
  • Tampouco almacene os produtos perigosos, en particular inflamables, a carón da zona de cocción, radiadores, estufas ou preto dun enchufe con ladrón.
  • Non os mesture indiscriminadamente, en especial a lixivia e o salfumán (prodúcese un forte desprendemento de cloro, que é un gas tóxico). Igual acontece coa mestura de lixivia e amoníaco.
  • Sexa prudente na cociña ao pulverizar insecticidas, limpadores de mobles e ambientadores. Algunhas destas substancias poden resultar tóxicas se se fixan nos alimentos.
  • A ventilación é obrigatoria nas cociñas con aparellos fixos de gas. Instale orificios para a entrada de aire que poden estar protexidos por reixas ou deflectores e asegúrese de que non están obstruídos nin tapados con mobles, cartóns ou cristais.
  • O quentador de gas non se debe colocar baixo a cociña, pois a combustión sería incorrecta e as gomas deterioraríanse pola calor desprendida nesa zona.
  • Se detecta cheiro a gas, ventile a cociña, peche a chave xeral de paso e non accione ningún interruptor eléctrico. Se o interruptor xeral da luz está preto da fuga, desconécteo.

Caídas, esvaróns e golpes

  •  Poña topes de apertura nos caixóns para que non saian dos seus raís. Procure que sempre estean pechados, xa que as súas esquinas en pico ocasionan frecuentes golpes e feridas, especialmente aos pequenos da casa, cando quedan abertos.
  • Non sobrecargue os armarios máis altos. Coloque os recipientes máis pesados e de uso frecuente nos estantes inferiores.
  • Manteña a cociña ben iluminada. É primordial para traballar nela con seguridade.
  • Se se lle cae auga mentres cociña ou frega, séquea axiña. Máis dun esvarón e o conseguinte golpe prodúcense ao pisar a zona mollada. Ademais, alguén podería entrar na cociña sen saber que o chan esvara e magoarse seriamente.

Riscos eléctricos

  •  As cociñas son estancias húmidas, polo que é aconsellable que as tomas de corrente e os cadros eléctricos sexan estancos.
  • Antes de mover ou limpar a neveira, o forno, a lavadora ou calquera outro electrodoméstico de gran potencia, débeo desenchufar. Se o enchufe está fóra do seu alcance, desconecte o interruptor xeral.
  • Teña especial coidado con tocar, enchufar ou desenchufar un aparello eléctrico cando o chan estea fregado, aínda que teña as mans secas.
  • Evite andar descalzo. Entraña riscos de cambras eléctricas pola existencia dun contacto directo co chan que facilita a condución eléctrica a través do corpo.
  • Xamais coloque un recipiente con auga sobre un electrodoméstico.
  • Non empregue un cuberto metálico para extraer a rebanda de pan atascada no torrador ou para baleirar de café o muíño mentres estean enchufados.
  • Non use enchufes tipo ladrón para electrodomésticos de alto consumo (forno, lavadora, lavalouzas...). Cada un debe estar conectado a unha base de enchufe independente e con toma de terra, xa que o ladrón podería estragarse e provocar un curtocircuíto.

Incendios, explosións e estoupidos

  • Evite colgar cortinas preto dos focos da cociña e de tomas de enchufe sobrecargados con ladróns.
  •  Non colgue panos e manoplas en ganchos colocados sobre a superficie da cociña ou na cambota extractora.
  • Non garde na cociña as bombonas de butano. Mantéñaas arredadas de focos de calor. Antes de cambialas, peche e apague os mandos e os lumes dos aparellos de cociña, e comprobe que non hai cigarros nin candeas acesas. Deseguido, peche ben a espita da válvula e as chaves de paso.
  • As correntes de aire na cociña poden apagar o gas, vixíeas.
  • As cambotas extractoras poden provocar un mal funcionamento das caldeiras ou quentadores atmosféricos. Se están ambos os dous na cociña debe existir un conmutador que impida que funcionen á vez.
  • Limpe periodicamente os filtros do extractor de fumes.
  • Desmonte e limpe periodicamente as válvulas de expulsión de vapor das potas a presión. Non agarde a que estean porcas: a súa obstrución por restos de comida pode ser perigosa.

Queimaduras

  •  Utilice recipientes e utensilios de cociñar (tixolas, potas, escumadeiras...) con asas, empuñaduras e mangos illantes.
  • Use agarradoiras ou manoplas para retirar as potas e tixolas do lume, para manipular pequenos recipientes quentes de asas estreitas e curtas, e para levantar o tello de potas e cafeteiras.
  • Os mangos das tixolas, potas, etc. non deben superar nunca o espazo da cociña.
  • Nunca encha os recipientes que vaia pór ao lume por riba dos tres cuartos da súa capacidade.
  • Empregue preferentemente os lumes interiores da cociña.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto