Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Outras informacións sobre Novas Tecnoloxías: Blog: Microsiervos / "Aplicacións Web" para "PC parvos" / Vídeo: "Evolution of dance" / Foldershare

CADA MES UN BLOG

 

Microsiervos

A diversidade de comunidades sociais en Internet é tan ampla coma a do mundo físico. Con todo, dentro das subculturas que habitan a Rede atópase unha case "autóctona" deste medio. Trátase dos "geeks", afeccionados ao mundo das novas tecnoloxías. Eles foron os primeiros habitantes do mundo virtual e seguen a desenvolver as súas actividades nel como se fose o salón da súa casa. Microsiervos é o blog "geek" en castelán por excelencia, amais dun dos máis valorados no mundo nesta lingua. Desde Microsiervos, os seus editores (Alvy, Nacho e Wicho) falan de todo aquilo que lles interesa sen que ese interese teña que se centrar por forza en temas de ciencia ou de informática. Pero o certo é que escriban sobre o que escriban, sempre o fan cun punto de vista particular, propio dos "geeks" e da súa cultura. En Microsiervos, amais de sumo esmero no deseño de cada "post", o lector poderá atopar todo tipo de recensións, recomendacións, reflexións, páxinas curiosas e, sobre todo, elegancia.

O CONCEPTO

"Aplicacións Web" para "PC parvos"

Os programas utilízanse desde o ordenador do usuario, pero tamén se poden usar directamente desde o navegador de Internet. Acódese a unha determinada páxina e trabállase sen necesidade de os instalar no escritorio. Coñécense como "aplicacións web" e, en boa parte, deben o seu recente éxito a un conxunto de tecnoloxías chamadas Ajas, que combinan diversas linguaxes de programación.

As "aplicacións web" serven para escribir e editar textos, para gardar imaxes nos servidores da rede, para facer páxinas de cálculo, para enviar e recibir correos... Non se precisa un ordenador de gran capacidade, permiten que varios usuarios que non estean xuntos fisicamente poidan traballar en equipo e pódense utilizar desde calquera ordenador do mundo conectado a Internet. Algúns expertos sinalan que representan o futuro, un futuro no que o cerebro do ordenador podería estar en Internet e a máquina sería só un teclado, un monitor e unha pequena memoria. É o que se coñece como "PC parvo".

O VÍDEO

 

"Evolution of dance"

Judson Laipply é o que os americanos chaman un "motivational speaker", expresión coa que se identifica a unha persoa contratada para motivar a grupos corporativos ou sociais. Algúns altos executivos aprenderon estas habilidades con máis ou menos éxito.

Pero Judson é un profesional de nivel que estende o seu talento social moito máis alá da palabra e que a leva ao terreo dos xestos. Tirando da súa face cómica e de dotes de bailarín consumado, Laipply márcase neste vídeo seis minutos bailando todos os ritmos que triunfaron no século XX, polo menos nos Estados Unidos. O seu éxito: 24 millóns de visitas, a marca das marcas en YouTube.

O TRUCO

Foldershare: compartir as cancións de iTunes con outros usuarios

Quen teña un reprodutor de música iPod sabe que só pode usar o programa iTunes para cargar as cancións. Tamén saberá por experiencia que cando un amigo ou amiga lle pide compartir estas cancións, as teóricas opcións son dúas: descargar as cancións do iPod propio no ordenador do amigo ou amiga, ou cargar no iPod desta amizade as cancións desde o ordenador propio. O problema é que ningunha das dúas funciona. Cada iPod traballa cun só iTunes, e nin sequera no caso de que se teña outro ordenador alternativo en propiedade o iPod o aceptará.

Agora ben, hai un programa que permite compartir a discoteca dixital con outros usuarios que posúan un iPod ou que simplemente xestionen as súas cancións con iTunes: Foldershare. É tan sinxelo de usar como eficaz. Crea canles P2P entre dous ou máis ordenadores para que poidan compartir todo tipo de arquivos. Con Foldershare pódense compartir carpetas propias con outros usuarios, incluída a do arquivo musical de iTunes. Abonda con que os dous usuarios se poñan de acordo nos contrasinais, abrir unha carpeta co mesmo nome nos seus ordenadores, que metan dentro as cancións que queiran compartir e que preman o botón de "ok". O resto é cousa de horas, ou de días se se queren intercambiar moitos Gigabytes.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto