Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Contas de correo online: A caixa de correo queda en Internet

As contas "webmail" avantaxan ás que descargan as mensaxes electrónicas no escritorio, en especial en seguridade e control de correo electrónico non desexado

 Houbo unha época, hai unha década, en que a maioría dos usuarios lía os seus correos electrónicos logo de descargalos desde Internet ao ordenador (o que se coñece por POP3), mentres que unha minoría de adiantados usaban lentas e exasperantes contas de correo directamente desde a rede, como as de Hotmail. Iso foi na prehistoria. Agora viraron as tornas e invértese a proporción: as contas de correo online, ou "webmail" estanlle gañando ao correo POP3 de chosca.

A razón? Nos 90 os usuarios recibían como moito 10 mensaxes ao día, mentres que hoxe é normal que cheguen á bandexa de entrada cen ou máis mensaxes acotío. Non é que os correos electrónicos "ocupen" demasiado, pero si acaban por saturar os principais programas de correo electrónico (Outlook ou Mozilla Thunderbird, por exemplo), que non están deseñados para este aluvión continuado de mensaxes. Ademais, usábase POP3 porque se pagaba a conexión a Internet por minutos e non era precisamente barata; así, o habitual era redactar os correos fóra de liña, e conectarse pola noite (con tarifas máis baratas) o tempo indispensable para enviar e recibir o correo. Despois, logo de se desconectaren, os usuarios lían devagariño as mensaxes recibidas. Os webmails, pola contra, requiren estar conectados mentres se utilizan, algo que deixou de ser un contratempo coa extensión das tarifas planas.

Máis limpo e sinxelo desde Internet

Para qué asumir os riscos que supón introducir un gran número de mensaxes dentro do ordenador expóndose a un virus, "spam" ou a outras variedades de software malicioso? O uso do correo desde Internet resulta máis limpo, cómodo e sinxelo. Ademais, na actualidade a velocidade media de acceso multiplicouse case por 20, polo que a xestión de mensaxes non se "colga" ou se volve máis lenta, coma antes. É máis, algúns servizos, como as buscas entre todos os correos recibidos son máis rápidos nos webmails ca no correo "convencional".

Mercar un autobús para ir á compra

No eido laboral o sistema POP3 ten varias vantaxes. En primeiro lugar, a seguridade: as mensaxes empresariais poden conter información sensible, e non é conveniente que queden "frotando" en Internet xestionadas por terceiros. Doutra banda, ás empresas adoitan chegar diariamente milleiros de correos electrónicos, co que a súa xestión personalizada desde o ordenador de cada traballador simplifica moito as cousas. Cada empregado faise cargo do seu correo e é responsable del; tamén así se pode saber desde onde foi enviado, ou a onde chegou, un correo polémico. É un método de control.

Pero, ten sentido o sistema POP3 para un usuario medio? Todo apunta a que non. Máis ben ao contrario, utilizar un correo POP3 para o ámbito privado resulta tan absurdo como mercar un autobús para ir á compra: é excesivo, caro e entorpecedor. Hai que pagar para que che poñan filtros "antispam", para ter un antivirus que controle cada arquivo anexado a unha mensaxe ou para aumentar a capacidade de enviar correos pesados.

Abonda cunha conta de correo Gmail (o servizo de Google), de Yahoo! ou de Hotmail (que non é tan eficaz coma os outros dous, segundo destacou o estudo de "webmails" que fixo CONSUMER EROSKI en maio do 2005) para que estes problemas, e moitos máis, se resolvan de vez. A seguridade aumenta porque as mensaxes non baixan ao escritorio, senón que se len directamente na Rede desde o navegador, e os arquivos anexados non se poden abrir sen un exhaustivo exame de virus por parte da propia web. O "spam" desaparece case por completo debido á gran cantidade de filtros que se empregan nestes servizos "webmail".

Acceso desde calquera parte

  Unha vantaxe dos correos "webmail" é que permiten a mobilidade total do usuario sen necesidade de que este cargue con ordenadores portátiles, memorias USB ou discos ópticos. Pódese acceder a unha conta "webmail" tanto desde a casa coma desde un cibercafé. Abonda con ir á páxina web e escribir o nome de usuario e o contrasinal para acceder ao correo persoal.

O colmo da facilidade de uso son os correos "pookmail" (de "usar e guindar"), moi interesantes para cando non se queren expor a riscos as contas que se utilizan normalmente. Por exemplo, se se desexa contactar cunha páxina da que se sospeita que non é demasiado segura, hai opcións como Pookmail.com ou Spamgourmet.com que permiten crear contas desbotables para establecer o contacto. As contas desaparecen aos poucos días ou logo dun número determinado de mensaxes recibidas, e con elas o perigo do "spam".

Os principais correos

 
  • Gmail: é o que máis prestacións e máis capacidade para gardar contactos, arquivos e mensaxes ofrece. Ten tres Gigabytes de memoria, polo que se pode usar como disco duro online, onde sempre se gardarán os correos que se enviaran ou recibiran e as mensaxes sen necesidade de borralas. Conta, ademais, cun buscador moi eficiente co que se pode atopar unha mensaxe determinada entre milleiros delas. Incorpora filtros "antispam", mecanismos contra robots espía e antivirus para os ficheiros anexados.
  • Correo Yahoo!: moi semellante en prestacións e eficacia a Gmail, pero a súa capacidade de almacenamento é de un Gigabyte. Tamén exerce un férreo control sobre o "spam" e os robots espía. Neste último caso, este servizo é pioneiro na utilización de "captchas", un test que o usuario debe pasar escribindo uns códigos borrosos ou deformados que se lle amosan para evitar que o sistema sufra abusos. Tamén incorpora un innovador método de claves que indican a veracidade dunha mensaxe respecto do seu emisor ("Domainkeys").
  • Hotmail: É o máis limitado no tocante a capacidades e eficacia. A súa resposta ante o "spam" e os espías non é tan boa coma nos anteriores servizos, aínda que mellorou no último ano.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto