Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Para vencer a preguiza de prepararmos o almorzo, mellor comezar a tarefa coa lista da compra: do mesmo xeito que se planifican xantares e ceas, pódese pensar no almorzo ao facer a compra, especialmente cantas máis persoas vivan na casa.
son os miligramos de calcio que precisa o organismo acotío. Esta cantidade é maior no caso de nenos, embarazadas e nais lactantes. Acádase se se toman 3 vasos de leite -3/4 litro- ao día, e se se alterna o leite con alimentos ricos en calcio como iogures, queixos ou requeixo. Tamén as sardiñas en late son unha interesante fonte de calcio.
A frase de "0% de materia graxa (MG)" converteuse nun dos principais reclamos de iogures, zumes ou leites, que locen na súa etiqueta este slogan a modo de engado con letras e cores moito maiores ca o resto da información nutricional. A mensaxe que se intenta transmitir é que un produto con "0% de materia graxa (MG)" contén menos calorías e resulta máis saudable, pero é sempre así?
É certo que algúns alimentos con 0% MG -ou outros similares como 0,4% MG, ou 0,9% MG- conteñen menos graxas e tamén menos calorías. Pero outros, aínda que conteñen pouca graxa, poden incluír unha importante cantidade de azucre. Un exemplo típico é o leite condensado desnatado: practicamente non contén graxa, pero si moito azucre, polo que cómpre moderar o seu consumo, aínda que a mensaxe de "só o 0,4% graxa" dea a entender o contrario. Algo semellante acontece cos iogures e xeados 0% MG: aínda que non teñen graxa son moi calóricos, pois a súa fonte de calorías non é a graxa, senón o azucre.
Para saber cando un alimento que loce o "0% MG" realmente ten menos calorías hai que fixarse na lista de ingredientes, comparar a súa composición nutritiva -cantidade de calorías, de azucres e de graxas- coa doutros alimentos semellantes e comprobar se hai diferenzas. Non hai que ser un experto para interpretar os datos da etiqueta, abonda con saber que os ingredientes aparecen en orde decrecente.
Purinas: son compostos orgánicos abundantes en carnes vermellas e caza, vísceras, peixes azuis, mariscos, embutidos e nalgúns vexetais como espárragos, espinacas, acelga, coliflor, champiñóns e cogomelos. O organismo transforma as purinas en ácido úrico, polo que o exceso de alimentos ricos en purinas causa hiperuricemia e gota.
Almorzo
Licuado de laranxa, mazá e cenoria. Té verde. Iogur con muesli.
Taco
Infusión*. Pan integral con tomate, aceite e xamón.
Xantar
Merenda
Infusión*. Queixo fresco, mel e noces.
Cea
*Vide vermella, castiñeiro de Indias, rusco, hamamelis: son plantas que conteñen substancias -taninos e polifenois- que favorecen a circulación venosa.
O truco: Elixir alimentos que fortalecen as arterias e as veas -froitas, hortalizas e verduras, peixe, froitos secos e aceite de oliva- e que fan o sangue máis diluído, menos viscoso. Mellora a circulación sanguínea se se comen 3 froitas, unha ensalada e algo de verdura acotío; se se toma decote unha manchea de noces; se se toma peixe azul polo menos 2 veces por semana e se se bebe abundante auga.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI