Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Aprender a comer: Na mesa tamén se educa

Comer na casa e no comedor, unha oportunidade de educación alimentaria compartida

 Máis dun millón de nenos e nenas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e de Educación Especial utilizan en España o comedor escolar. Cada vez son máis as familias que recorren ao servizo de comedor nos centros educativos, e a calidade dietética e nutritiva dos menús é un aspecto esencial que deben "vixiar" os pais e nais, xa que constitúe unha parte destacada da alimentación cotiá dos seus fillos, pois repítese 4 ou 5 días á semana durante moitas semanas ao ano.

Comen ben no comedor?

A realidade coa que nos atopamos se analizamos a alimentación dos nenos é que comen demasiados alimentos doces e graxos, e que non toman abondo alimentos naturais como froitas, verduras e peixes. Estes erros dietéticos permítense na casa e repítense en moitos menús escolares, tal e como se desprende dos resultados do estudo de CONSUMER EROSKI de setembro do 2005. Segundo este informe, que analizou os menús de dúas semanas de 201 comedores escolares aos que acudían 32.330 alumnos e alumnas, os menús escolares son mellorables: o 24% dos estudados suspenderon e o 36% obtivo un mediocre "aceptable", atendendo ás recomendacións de médicos, dietistas e pediatras. As carencias detectadas foron as devanditas: ausencia de verduras, peixe e froita fresca, abuso de sobremesas doces, de precociñados e frituras -croquetas, empanadillas, san xacobes e similares-.

As consecuencias da dieta desequilibrada dos nenos -e non só o que comen na escola-, reflíctense no seu estado de saúde; o 26% da poboación infantil e xuvenil española padece exceso de peso, e o 14% é obesa, o que sitúa a España como segundo país da UE -por tras do Reino Unido- cun maior índice de obesidade infantil. O máis preocupante é que este indicador se triplicou nos últimos 15 anos.

A comer ensínase

  Para os nenos, o acto de comer debe ser un marco de referencia, non só para se alimentaren ben, senón para adquiren unha serie de normas sociais e aprenderen o comportamento correcto diante da comida. Cómpre deixarlles claro desde moi cativos que a comida ten un momento e un lugar, e que os xogos e outras actividades chegarán despois de comer.

Os novos estilos de vida, cunha menor presenza dos pais no fogar e con menos tempo libre para lles dedicaren aos fillos, pode complicar este labor e converter o recurso á comida rápida, precociñados e produtos semellantes, tan atractivos para o neno como pouco saudables, nunha solución demasiado habitual. Así e todo, convén non esquecermos que o investimento de tempo e dedicación e, sobre todo, de paciencia, é garantía para previr futuros problemas de alimentación dos nenos.

Nenos e comida: dificultades e solucións dentro e fóra do fogar

O que acontece na casa O que acontece no comedor Que facer?
Pais e nais atopan numerosas dificultades para ensinarlles a comer e para lles dar de comer aos seus fillos e fillas. Os coidadores/as sofren as mesmas dificultades ca os proxenitores (algo que ás veces os pais esquecen), co agravante de que no comedor son ducias de nenos os que hai que atender de vez. A disciplina é a mellor ferramenta para inculcarlles o hábito do bo comer: horarios fixos, lugar tranquilo, paciencia e perseveranza ata que o neno aprenda o hábito...
Se o neno rexeita un prato, cal debe ser a actitude dos pais? Saben os pais e nais que medidas se toman no comedor se os nenos non queren comer? A pasividade ou firmeza con que os pais e coidadores establezan as regras influirán na actitude dos nenos, que aprenden decontado cando os seus berros e perrenchas son útiles. Amais da firmeza, é esencial a coherencia para ensinarlles hábitos alimentarios tanto na casa como fóra dela.
Os días que o neno come pouco ou que pais e nais saben que vai comer pouco porque a comida non lle agrada, que actitude se debe tomar? É só un neno quen rexeita o prato seguido ou o rexeitamento é xeneralizado? Saben os pais se o seu fillo ten os mesmos gustos na casa e no comedor? Algúns nenos comen certos alimentos no comedor -aínda que non lle gusten- pero rexéitanos na casa. Convén coñecer os motivos polos que o neno non come certos pratos. Haille que preguntar que pratos (da casa e do comedor) lle gustan máis e menos, e a razón (se é polos ingredientes, o modo de elaboración, a súa textura...).
Os pais coñecen exactamente que alimentos comen, que ingredientes levan os pratos, que aceite se empregou para condimentar, etc. Nas escolas prográmanse os menús en función das necesidades enerxéticas e nutritivas dos cativos. Isto tradúcese nun modelo de menús semanais, quincenais ou mensuais que se lles remite aos pais. Pero, é o menú equilibrado? Leva información abonda? Específicase a variedade de alimentos (verduras, peixes, froitas...), se son frescos ou precociñados e o seu modo de elaboración (en salsa, fritido...)? É fundamental saber qué come realmente o neno. Pódese averiguar mediante visitas esporádicas ao comedor para comprobar os ingredientes dos pratos, a cantidade de alimento que se lles reparte aos nenos, etc. Tamén se lle pode preguntar ao neno acotío que comeu (por exemplo, feixóns con pataca ou pataca con feixóns? e contrastalo co modelo de menú.
Os pais coñecen realmente a cantidade de alimento que comeu o neno en cada toma. Contan coa figura dun monitor/a no comedor escolar para vixiar a alimentación dos nenos? Reciben os pais algún informe sobre o hábito de comer dos seus fillos? Pódese analizar o comportamento dos nenos ao chegaren á casa despois da escola (chegan con demasiada fame?). O mal reparto das comidas -almorzo frugal, taco contundente, xantar escaso, merenda consistente...- repercute negativamente na saúde do neno e no seu rendemento na clase.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto