Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Aumentan as diferenzas entre cidades no imposto de vivenda

As taxas de Barcelona duplican as de Madrid e triplican as doutras cidades

 A hipoteca é o principal gasto adherido á vivenda, pero non é o único gasto oneroso ao que lle ten que facer fronte o propietario dunha. A esta engádese o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), taxa de carácter anual que acompaña ao propietario ata que deixa de selo. E o desembolso non é insignificante. De feito, o IBI é a principal fonte de ingresos impositivos para os concellos, a quen lles corresponde recadalo, tal e como establecen a Lei (39/1988, do 28 de decembro) reguladora das Facendas Locais e mais a Lei do 2002 que a reforma. A recadación do IBI representa case a metade dos recursos das arcas locais, por riba do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica e do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras.

Nunha conxuntura como a actual, de subida sostida tanto dos tipos de xuro (entre eles, os hipotecarios) coma do custo da vida en xeral, mentres que os ingresos dos cidadáns practicamente non medran, o pagamento de impostos como o IBI estase convertendo en especialmente gravoso para moitas familias.

CONSUMER EROSKI comparou a contía do imposto de vivenda que pagou no 2006 unha familia do que convencionalmente se define como clase acomodada ou alta, outra de clase media, a máis numerosa en España, e unha terceira de menos recursos, á que denominaremos, para simplificar, clase baixa, que residen nun piso característico (superficie, calidade de construción, zona da cidade) do seu nivel económico-social en 18 cidades de todo o país: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Burgos, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza.

No tocante á vivenda das familias de clase baixa (superficie de 83 m2), de novo a capital condal encabeza a lista coa cota de IBI máis onerosa, 203 euros, o dobre ca a de Bilbao ou ca a de Pamplona (ambas as dúas, 100 euros). Tamén se observa unha diferenza abismal entre cidades do sur e do norte do país; sirva como exemplo que, en Murcia, unha vivenda destas características paga un IBI dez veces máis barato ca unha similar nunha zona da cidade equivalente en Barcelona.

Para calcular o imposto de vivenda que pagan as familias de economía folgada comprobouse o que lle correspondería a un piso de 155 m2 nunha zona elegante e céntrica das 18 cidades. A análise revela que Valencia é a capital onde se paga unha cota máis alta, 1175 euros, o dobre ca en Madrid (563 euros) e case tres veces máis ca en Granada (380 euros) por unha vivenda, non o esquezamos, de características moi semellantes. A cota que hai que pagar en Barcelona é a segunda máis cara (997 euros) e A Coruña ocupa a terceira posición, cunha cantidade que ascende a 746 euros.

A cota do IBI que se paga por cada metro cadrado de superficie dos pisos e casas aumenta segundo o fai o tamaño, a calidade da vivenda e dos materiais de construción e a revalorización da zona urbana na que se atopa.

  A primeira conclusión do informe é que o que pagan en concepto IBI os propietarios non só varía moito segundo a cidade en que se atope a súa vivenda, senón que as diferenzas, xa notables hai cinco anos, se acentúan respecto ás constatadas nun estudo semellante que esta revista publicou no 2001. Os datos son elocuentes: unha familia de clase media (á que se lle asignou a modo de simulación un piso de 100 metros cadrados) en Barcelona paga 511 euros ao ano en concepto de IBI, mentres que en Madrid ten que desembolsar só a metade, 255 euros. A fiscalidade menos gravosa para este tipo de vivenda, inferior a 200 euros, atopouse en Pamplona, Granada, Murcia e Burgos. Pola súa banda, San Sebastián fixa, cos seus 325 euros, o segundo IBI máis caro das 18 cidades comparadas para esta vivenda de segmento medio; séguea Vitoria (con 294 euros (case o dobre ca no 2001, nunha das subidas máis importantes de todo o estudo). Acabando coas familias de clase media, as de Sevilla, Bilbao e A Coruña pagan unha cota de IBI intermedia, entre 270 e 260 euros, sempre falando do piso tipo empregado no informe para estes fogares. As diferenzas, moi importantes, son tamén máis acusadas ca as que se constataron hai cinco anos. Daquela, a taxa do IBI en Barcelona, a máis cara tamén hai cinco anos, case triplicaba a máis baixa das cidades analizadas (de 390 euros a 149 euros). No 2006, a taxa da cidade condal case cuadriplica a de Burgos (de 511 euros a 149 euros, por unha vivenda semellante).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto