Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
A aparición constante de novas ximnasias responde a unha demanda crecente de persoas que buscan mellorar a súa saúde dunha maneira amena.
É unha danza-combate de orixe brasileira que se achega ás artes marciais e mais ao baile. Propón un movemento permanente, o "xogo", que simula tentativas de ataque, defensa e esquiva, encadradas no ritmo que marca a música. Os movementos imitan a animais, e son moi rítmicos.
Mestura a corrección postural do Método Pilates, as posturas do Ioga e os movementos harmónicos e suaves do Tai Chi para traballar á vez a flexibilidade, o equilibrio e a forza.
Este método está baseado nun programa de exercicios lentos e controlados. Practícase con máquinas moi específicas ou no chan, baixo a supervisión dun profesional, en clases individuais ou en grupos pequenos. Búscase a precisión dos exercicios en poucas repeticións. A respiración, a concentración, o control, a aliñación, a concentración, a fluidez son os outros conceptos claves de Pilates.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI