Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
A aparición constante de novas ximnasias responde a unha demanda crecente de persoas que buscan mellorar a súa saúde dunha maneira amena.
Cada vez son máis as persoas que buscan novas alternativas para estaren en forma. A moda do ximnasio, como a chamaron algúns sociólogos, instalouse definitivamente en España, procedente doutros países como os Estados Unidos. E é que son xa seis de cada dez habitantes de España os que practican algún tipo de deporte. Acadar un bo estado físico, mellorar a saúde e a imaxe e alixeirar tensións son os principais motivos que esgrimen as persoas que acoden decote a algún centro deportivo.
O interese céntrase en deportes que non só permiten acadar un bo estado físico, senón tamén a diversión e a relaxación no tempo de lecer. De aí a constante aparición de novas modalidades. O sector está en continua evolución e, a miúdo, cando comezan a implantarse novas actividades nos ximnasios, aparecen xa outras máis novas no mercado con resultados visibles en menos tempo.
As tradicionais clases de aeróbic e de step xa son parte do pasado, e foron substituídas por nomes case impronunciables, como Body Pump, Spinning, Aerobox ou Thai Boxing. Así e todo, estas actividades tamén teñen data de caducidade, e nun breve prazo daranlle paso ao Ioga nas súas diferentes versións, especialmente o Bikram Ioga, Intensati, Masala Bhangra, Forza, Performance Max Program, Stiletto Strength, Gyritonic e a consagración dos adestramentos personalizados (personal training).
É un programa de adestramento aeróbico, de resistencia e flexibilidade, que combina e adapta movementos e técnicas de boxeo, kickboxing, karate, tai-chi, taekwondo, muay thai e doutras artes marciais para crear unha clase colectiva intensa ao ritmo dunha música con efectos especiais. Aínda que non hai contacto físico -faise fronte ao espello- hai que dar golpes e patadas, simular combates e adestramentos.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI