Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Dúbidas sobre a responsabilidade do custo dun arranxo nun piso alugado

Realizouse unha reparación de 300 euros nunha caldeira dun piso alugado. No contrato de arrendamento sinálase que lle corresponde ao arrendatario sufragar, entre outros, os "gastos de conservación e reparación das instalacións de auga, gas, electricidade, calefacción". Agradeceríalles que me explicasen se é o arrendatario ou o arrendador quen se debe facer cargo desta reparación.

 A reparación da caldeira é a cargo do arrendatario, en parte porque así se desprende da cláusula do contrato que se indica, na que o arrendatario asume esta obriga e, doutra banda, porque se trata dunha pequena reparación ocasionada polo desgaste do uso ordinario da vivenda que, por lei, lle corresponde ao arrendatario.

No tocante ás reparacións, o artigo 21 de Lei de arrendamentos urbanos establece a obriga do arrendador de realizar, sen dereito a elevar por iso a renda, todas as reparacións que sexan necesarias para conservar a vivenda nas condicións de habitabilidade para servir ao uso convido, salvo cando a deterioración sexa imputable ao arrendatario. En concreto, o apartado cuarto do artigo di que "as pequenas reparacións que esixa o desgaste polo uso ordinario da vivenda serán de cargo do arrendatario".

Entendendo que a vivenda se entregou en boas condicións de uso e habitabilidade, e así constará no contrato e que, polo tanto, tamén a caldeira se atopaba en bo estado de funcionamento, presúmese que a avaría se debe a un desgaste polo uso ordinario, salvo que o arrendatario probe o contrario -por exemplo, que a caldeira era un produto defectuoso de orixe ou que funcionaba deficientemente desde o comezo do contrato-. Así, en sentencias da Audiencia Provincial de Zaragoza, de 28 de xullo do 2005 e da Audiencia Provincial de Valencia de 15 de febreiro do 2003, condénase o arrendatario a aboar os gastos de reparación do quentador, sinalándose nesta segunda sentencia que como o termo foi posto á disposición da arrendataria en bo estado de funcionamento e que a vivenda a arrendaron varias persoas, débese concluír que a reparación obedece ao desgaste propio do uso, de maneira que pagar o importe da súa reparación lle corresponde á arrendataria, por tratarse dunha reparación comprendida no ámbito do devandito apartado 4 do artigo 21 da Lei de arrendamentos urbanos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto