Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Seis anos, o prazo de vixencia dos datos nas listas de morosos

Gustaríame preguntar unha cuestión sobre as listas de morosos. Se non se salda a débeda que motiva a inclusión nesa lista, os nosos datos continúan figurando nela ata que se aboe esa débeda ou hai algún límite de tempo?

 A Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de datos de carácter persoal regula os servizos de información sobre solvencia patrimonial ou listas de morosos. Segundo o artigo 29 desta lei, só se poden rexistrar e ceder os datos de carácter persoal que sexan determinantes para axuizar a solvencia económica dos interesados. Ademais, eses datos non deben ter unha antigüidade superior a seis anos e deberán reflectir con veracidade a situación actual. Xa que logo, unha débeda de hai cinco anos pero xa saldada non deberá figurar na lista.

Os datos negativos non poden facer referencia a uns feitos que se remonten máis alá de seis anos. A lei considera a vulneración desta esixencia como infracción grave cando se vincula co mantemento de datos de carácter persoal inexactos sen aplicar as rectificacións ou cancelacións que legalmente procedan cando resulten afectados os dereitos das persoas. Pola súa banda, a Axencia Española de Protección de Datos advertiu que o acceso e permanencia nos ficheiros de empresas privadas de datos adversos de solvencia patrimonial non pode ter un carácter indefinido. O seu uso limítase a informar da recente historia do afectado nun prazo que non supere o legal.

Se se superou ese límite de tempo, o afectado pódelle e débelle esixir por escrito á entidade acredora que cedeu os seus datos que reclame a cancelación dos de antigüidade superior á legal. Se esta demanda non é debidamente atendida, pode acudir en tutela á Axencia Española de Protección de Datos ou interpor unha denuncia.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto