Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos
Ferramentas sociais
Económicos, de calidade e cada vez máis difíciles de distinguir do orixinal, os revestimentos decorativos convertéronse nunha opción con aceptación crecente
Os materiais "de pega" están de moda. Trabes á vista de poliuretano, produtos sintéticos que semellan madeira ou pedra... No chan, nas paredes e no teito, os revestimentos decorativos conquistaron o interior dos fogares. Económicos, cunha calidade contrastada e cada vez máis difíciles de distinguir do orixinal, estes elementos de construción multiplicaron as opcións no deseño de interiores para todos os gustos e para todos os petos.
Os chans tradicionais de madeira cedéronlles o paso a outros materiais máis baratos e bos de colocar:
Todos estes materiais poden ser instalados por un mesmo, cun pouco de maña e seguindo os consellos do fabricante. Os sistemas de colocación son tres:
A elección dun material ou doutro depende do cometido que lle vaiamos dar á estancia. En habitacións cun uso intenso, como o cuarto dos nenos ou pequenos establecementos, o recomendable é recorrer a chans laminados ou parqués flotantes, máis doados de instalar e de cambiar así que se estraguen. Para as habitacións de uso máis xeral, como o salón ou os dormitorios, pódense elixir tamén chans laminados ou parqués macizos, moi resistentes e duradeiros.
Diferentes estilos son posibles grazas á variedade de revestimentos para a parede, que substituíron a típica pintura e o papel.
As últimas tendencias apuntan a decoracións en escaiola para recrear arcos, columnas, cornixas ou falsos teitos, e ás trabes, que en madeira ou poliuretano completan un estilo moi persoal.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI