Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Outras informacións sobre Novas Tecnoloxías: Navegar á carta: Entre palabras / Blog: A miña cabeza / Software libre / Vídeo: "¡Descarga esta canción!"

Complementos

Navegar á carta: Entre palabras

 Dicionarios en liña:Para os que desexen consultar a tradución dunha palabra a outro idioma, unha das opcións máis populares é Diccionarios.com (http://www.diccionarios.com). Este portal permite facer buscas de todo tipo de palabras en castelán e mais os seus sinónimos a partir da palabra ou desde aproximacións se o usuario non a lembra con exactitude. Tamén dispón dun servizo que ofrece todas as conxugacións dun verbo. As primeiras consultas de cada día son gratuítas, pero un uso sen límites ten un prezo de 20 euros.

 Dicionario da Real Academia Española Online: No ámbito do castelán, un dos casos máis exemplares de adaptación a Internet é o do Diccionario de la Real Academia (DRAE). Desde a súa páxina pódese atopar o significado de máis de 100.000 palabras. Ademais, o DRAE creou unha extensión ("plugin") que se integra no navegador e que permite consultar o dicionario con só pulsar un botón. O DRAE online é gratuíto.

 OpenTrad: Trátase dun tradutor que traduce tanto textos como palabras entre o castelán, galego, euskera e catalán. Ademais, é capaz de traducir páxinas web enteiras, sen excesiva precisión pero ben abondo como para que resulten intelixibles. É unha ferramenta totalmente gratuíta de varias entidades e universidades e susceptible de ser mellorada libremente polos usuarios (é dicir, "open source").

Cada mes un blog

A miña cabeza

  Rafael Fernández é un artista total. Politicamente incorrecto, obsceno, procaz, cínico e case sempre xenial, este blogger canario de 32 anos foi o primeiro gañador do concurso de blogs en español "20Blogs", organizado polo diario 20 Minutos. A súa traxectoria vital é a dun escritor maldito e obsesionado polo sexo que traballou nas máis diversas profesións: camareiro de discoteca, dependente duns grandes almacéns, xornalista... Ou polo menos iso conta el nas numerosas historias que publica en "A miña cabeza", o seu blog de blogs. Sempre desde unha perspectiva vital pantagruélica e desenfreada, Fernández ofrécelle ós lectores retallos biográficos, imaxes e vídeos que dan fe do seu talento e da profunda intelixencia que agacha a súa aparencia de anxo exterminador dos mellores costumes burgueses.

O concepto

Software libre

  O software libre é o conxunto de programas informáticos que contan con licenzas que, a diferenza do software propietario (o seu máximo expoñente é Microsoft), permiten modificalos ou redistribuílos. Os programas incluídos na denominación do software libre pódense usar, compartir, cambiar, enviar e copiar sen que medie ningún tipo de canon e sen que estas accións supoñan un problema legal. Iso fai que, na práctica, moitas veces software libre signifique software gratuíto.

Estes programas desenvólvenos e mantéñenos informáticos de todo o mundo, que teñen como líder máis carismático ó estadounidense Richard Stallman. Stallman puxo as bases para o desenvolvemento nos anos oitenta dun sistema operativo gratuíto e libre para os ordenadores que era alternativo ós sistemas operativos Windows de Microsoft e Mac OS de Macintosh, ambos os dous de pagamento. Así e todo, non foi ata 1991 cando o finés Linus Tovalds construíu un núcleo alternativo (e utilizable) deste sistema e deu á luz o que hoxe se coñece como Linux. A diferenza de Windows e Mac OS, Linux, amais de venderse para quen o queira mercar distribúese gratuitamente a través de Internet grazas ós seus usuarios. (Máis en:http://es.wikipedia.org/wiki/Software_libre)

O vídeo

 

"¡Descarga esta canción!"

Sobre a base musical de "The passenger" de Iggy Pop, o rapeiro branco Mc Lars fai unha descarnada descrición da pugna entre os dereitos de propiedade intelectual dos artistas e o dereito a compartir nas redes P2P dos consumidores. Mc Lars é un músico da era dixital, e polo tanto ten moi clara a súa postura. Xa o di o título da canción: "¡Download this song!" ("¡Descarga esta canción!"). E é que, como reza a letra: "Hey Mr. Record Man / O teu sistema non pode competir / É o Novo Modelo de Artista / Transferencia de ficheiro completada / ¡Descarga esta canción!".


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto