Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Ferramentas para o teletraballo: A oficina na casa

Numerosas tecnoloxías permiten cumprir cos labores profesionais sen se mover do fogar

 Moitos profesionais pregúntanse cada mañá se verdadeiramente cómpre erguerse co abrente e pasar polo calvario dos atascos nas horas punta para realizar o seu traballo con eficiencia. Todo sinala que o ritmo da vida moderna cadra cada vez menos cos horarios fixos e con espazos de traballo concretos, e demanda unha maior flexibilidade. As novas tecnoloxías xeraron ferramentas que fan innecesario para moitas profesións desprazarse para traballar: un ordenador portátil centraliza todas as tarefas que antes ocupaban unha ou varias mesas de traballo; disponse de canles seguras para a transmisión de información e as comunicacións a distancia entre persoas poden ser tan rápidas e efectivas como o son as presenciais.

Sobremesa, portátil ou PC de peto?

O primeiro que hai que decidir cando se pensa no teletraballo é o tipo de aparello co que se vai traballar. A mobilidade é importante, pero tamén o é a comodidade. Así, se se pensa en establecer unha oficina fixa no fogar, por exemplo, un ordenador de sobremesa é unha boa opción por prezo e por prestacións. Os portátiles tamén son interesantes e cada vez están mellor de prezo, pero hai que lembrar que, a igualdade de prezo con respecto ós de sobremesa, perden capacidade de disco duro, velocidade de traballo, tamaño de pantalla e comodidade do teclado. Agora ben, se un ten que se desprazar a miúdo resultan ideais. Así e todo, non é unha mala opción enchufarlles un monitor e un teclado convencionais para traballar na casa.

As opcións para teletraballar non rematan no tipo de ordenador: moitas veces o traballo non consiste en escribir longos textos, senón en anotar datos, instrucións ou dar ordes; para iso recoméndanse as axendas PDA con capacidade de conexión a Internet e os teléfonos Blackberry. Ambas as dúas tecnoloxías, nos seus modelos máis avanzados, permiten escribir, manexar arquivos e táboas e mandar correos electrónicos. Por suposto, tamén serven para falar por teléfono, mesmo de modo gratuíto a través de Internet grazas a programas como a versión para "Pocket PC" de Skype.

O acceso a Internet, fundamental

O seguinte aspecto que cómpre ter en conta é a conectividade. Contar cunha boa conexión de banda ancha (ADSL ou cable principalmente) é fundamental. Se esta se instala cunha IP fixa (unha especie de matrícula que nos identifica en Internet) será máis sinxelo habilitar canles de comunicación seguras. Non todos os provedores ofrecen IP fixa e o habitual é que cobren por ela.

Se se traballa cun portátil ou cunha axenda PDA, precisarase ademais unha conexión sen fíos Wifi para moverse con liberdade pola casa sen pensar nas chavellas do teléfono. Outras opcións cando se desexa mobilidade son as tarxetas de telefonía móbil de terceira xeración (3G ou UMTS), que ofrecen conexión de banda ancha a prezos aceptables, uns 40 euros mensuais. Así, a conexión viaxará xunto ó equipo alá onde vaiamos.

Compartir información de modo seguro

  Para manter unha comunicación fluída cos compañeiros de traballo, o teletraballador dispón de numerosos programas de mensaxería instantánea que, ademais, permiten comunicarse mediante voz de xeito gratuíto, co conseguinte aforro na factura do teléfono: MSN Messenger, Yahoo! Messenger ou Google Talk son programas sinxelos de usar e rápidos, polo que se poden manter conversas (faladas e mais escritas) coa outra punta do globo con facilidade.

Para compartir documentos co resto do equipo de traballo, cóntase con varias opcións que manteñen a información almacenada nos servidores da Rede. Un FTP permitirá intercambiar arquivos moi grandes, pero un "wiki" é máis eficaz se se desexa que varias persoas accedan a textos ou follas de cálculo e que os modifiquen no propio servidor de maneira conxunta. O sistema sempre garda unha copia de cada versión e modificación realizada, por se hai que facer revisións. Todas estas aplicacións funcionan con estritos protocolos de seguridade que impiden o acceso de usuarios non autorizados á información.

Programas para o teletraballo

As aplicacións para o teletraballo practicamente non se distinguen das utilizadas no traballo de oficina cotián. A fin de contas, non é raro que aínda que se vaia traballar a unha oficina, moitos compañeiros estean noutras delegacións fisicamente distantes.

 
  • Ofimáticos: Nesta categoría están as chamadas "suites ofimáticas", paquetes de programas destinados a escribir textos, realizar gráficos e presentacións, facer cálculos ou elaborar táboas e estatísticas. A "suite" máis coñecida é Microsoft Office, que é de pagamento. Hai tamén alternativas gratuítas practicamente igual de boas como OpenOffice, que se descarga de Internet.
  • Para fixar documentos: O principal é Acrobat Reader, da marca Adobe. Trátase dunha ferramenta que elabora documentos nun formato que non permite ser alterado por quen o recibe ou le. É unha opción moi usada para documentos importantes como facturas ou contratos. Trátase dun programa que se pode descargar da Rede, aínda que hai que pagar por el.
  • Para enviar e recibir correo: Aínda que algúns poden ser instalados no ordenador como unha conta de escritorio, o máis lóxico é darse de alta nunha ou máis contas "webmail" de páxinas importantes. Yahoo!, por exemplo, permite abrir gratis tantas como se queiran e ofrece 1 Gigabyte de memoria para almacenar as mensaxes. Google, no seu servizo Gmail, ofrece 3 Gigabytes de memoria, aínda que hai que acceder con invitación doutro usuario.
  • Para comunicarse instantaneamente: Son os coñecidos como "clientes de mensaxería instantánea". A maioría xa incorporan a posibilidade de facer chamadas de voz a outros usuarios de modo gratuíto (precísanse uns auriculares con micrófono). Os máis populares son MSN Messenger, Yahoo! Messenger, Skype e Google Talk. Todos son gratuítos e descárganse de Internet.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto