Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un pouco de previsión e moita atención e agarimo poden paliar o desgusto e a dificultade do retorno á rutina escolar logo das vacacións
O remate das vacacións e a volta á rutina non só lles afecta aos adultos. Os nenos tamén sofren unha etapa delicada co regreso á escola ou co comezo da gardería. A incorporación ás aulas tras tres meses de vacacións cáusalles problemas de adaptación ao 5% dos nenos e nenas de entre 3 e 8 anos. A recuperación do ritmo de clases e estudo convértese, en especial para os máis cativos ou para quen acode á escola por primeira vez, na materia máis difícil do curso. Aínda que non hai fórmulas máxicas, é posible suavizar esta particular "operación retorno".
É moi recomendable que o primeiro día de escola acompañe ao seu fillo ou filla. Hai que facer o posible para que sexa un día ledo.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI