Saltar o menú de navegación e ir ao contido
En primeiro lugar, confeccione un plan de menús semanal coa lista de pratos, considerando as recomendacións de dieta equilibrada.
é a cantidade en miligramos de cafeína que os expertos aconsellan non superar ao día. Equivale a 3 cuncas de café, sexa de máquina ou soluble.
Quen non escoitou en máis dunha ocasión as virtudes que os expertos pregoan sobre o aceite de oliva? O seu efecto positivo sobre o colesterol e a presión arterial, xunto coas súas propiedades nutritivas e culinarias, fan que esta graxa sexa un compoñente esencial da nosa dieta. O seu sabor é afroitado e intenso, o que permite utilizalo en pequena cantidade, conferindo un sabor e aroma inconfundibles. O aceite de oliva virxe é o de maior calidade, tanto, que hai quen o chama "zume de oliva". Como aderezo de ensaladas, ingrediente de salsas tipo vinagreta ou ali oli e en todo tipo de receitas, o éxito nos seus pratos está asegurado. É rico en graxas insaturadas -monoinsaturadas e poliinsaturadas-, vitamina E -antioxidante- e esterois -reducen o colesterol en sangue-, polo que protexe fronte a enfermidades cardiovasculares e certos tipos de cancro.
A froita calma a sede, proporciona enerxía procedente de azucres e unha ampla variedade de vitaminas, minerais, antioxidantes e fibra, polo que se aconsella tomar tres pezas diarias. Pero tamén hai outras opcións para gozar das súas calidades. Os zumes, refrixerados, conxelados ou de concentrados, representan unha fórmula cómoda e práctica. Non obstante, convén saber que as diferenzas máis salientables entre zumes e froitas se centran na cantidade de fibra -menor nos zumes-, nos azucres -un vaso de 200 ml contén máis azucres ca unha peza mediana- e na sensación de saciedade -menor nos zumes, xa que non requiren mastigación e ten menos fibra-. No tocante ás vitaminas, os zumes contéñenas en cantidades semellantes á froita fresca, e demostrouse que as manteñen en perfectas condicións ata dous ou tres días despois da súa apertura, sempre e cando se manteñan refrixerados.
Son substancias que, en cantidades adecuadas, reducen o colesterol. Atópanse en pequena cantidade en aceites, froitas, hortalizas, xerme de cereais e froitos secos. Os alimentos enriquecidos -bebidas lácteas e margarinas- son os que conteñen a dose efectiva -1,5 gramos ao día- para reducir o colesterol, sempre e cando formen parte dunha dieta equilibrada.
O truco: Pódese preparar na casa un litro de auga co zume de 1 ou 2 limóns, unha cullerada sopeira de azucre, un chisco de bicarbonato e outra de sal. O resultado é unha bebida isotónica que, xunto coa auga, axuda a repoñer forzas, a combater a deshidratación e os seus efectos, e a evitar a temida "paxara".
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI