Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Transporte escolar: Segue a haber deficiencias, pero mellora a seguridade dos buses escolares

A frota é máis moderna, está mellor equipada en dispositivos de seguridade e a figura do acompañante adulto xeneralizouse

 A imaxe dos escolares dirixíndose a pé coas súas mochilas á escola vai desaparecendo das nosas rúas e vaise substituíndo por outra na que os máis deles collen o autobús. En abril do 2005, o Instituto Nacional de Estatística (INE) xa cifraba o número de viaxeiros de autobús escolar en vía urbana en máis de 5 millóns e medio de usuarios. Segundo o RACE, arredor de 7 millóns de menores utilizaron o transporte escolar no pasado curso 2005/2006 para acudiren ós seus centros de ensino. Cada vez fano desde máis cativiños, xa que é maior o número de nenos de educación infantil (de 3 a 6 anos) que utiliza este medio de transporte. Aínda que os accidentes en autocares escolares son pouco frecuentes (en 2004 producíronse 78 sinistros con 4 vítimas mortais, un 0,10% do total de accidentes), as asociacións de pais de alumnos e a Administración son conscientes de que o sector acusa deficiencias que poden afectar á seguridade destes traxectos: antigüidade dos vehículos, viaxes sen acompañante e ausencia de elementos tecnolóxicos de seguridade.

CONSUMER EROSKI achegouse ó grao de seguridade co que os escolares españois se trasladan ós seus centros académicos. Os resultados, aínda que notablemente mellores cós dun informe semellante que publicou esta revista no ano 2000, reflicten aínda varias deficiencias no transporte escolar. Para comezar, o 2% dos 323 autobuses escolares estudados incumpre a lei por estaren matriculados hai máis de 16 anos. E o 4% non deben circular este curso 2006/2007 porque superarían esa barreira. Da consulta realizada por CONSUMER EROSKI ás 110 empresas de buses que se incluíron neste informe, a media de idade dos buses establecíase en 5 anos. Con todo, a proba práctica desta revista deu unha media superior: 6,5 anos.

O cinto de seguridade, que se convertirá en obrigatorio nos vehículos que se matriculen do 2007 en adiante, segue a ser un elemento de seguridade pouco habitual: só o 8% dos buses estudados tiñan cinto de seguridade en todas as súas prazas. E, no tocante á prevención, só o 22% das empresas realizan os sempre recomendables simulacros de accidente.

No tocante ó responsable de patio ou da operación de saída e entrada ó bus dos estudantes, na metade dos centros escolares ninguén realiza esa función. E aínda que a figura do acompañante se xeneralizou nos autocares, o 53% das empresas descoñecen a experiencia ou titulación (por exemplo, de monitor de tempo libre) dos acompañantes adultos. Non é obrigatorio, pero sería desexable.

O equipamento dos autobuses, doutra banda, é tamén mellorable. Só o 24% deles dispuñan da máis mínima adaptación (ramplas de acceso) para usuarios en cadeira de rodas. E, malia a que moitos escolares afrontan traxectos dunha hora ou máis de duración, o aseo só se viu no 11% dos buses, catro puntos porcentuais menos ca hai seis anos.

Para rematar, a tarifa media do bus escolar, 73 euros ó mes, encareceuse un 30% desde o 2000. Chaman a atención as enormes diferenzas de prezo polo servizo de bus escolar, e fano tanto entre as diversas cidades (desde 51 euros ó mes ata 100 euros ó mes, falando de medias de cada cidade) como na mesma cidade: en Barcelona, rexistrouse unha diferenza de ata 130 euros ó mes entre unha empresa e outra, en Madrid de 104 euros e en Valencia de 75 euros. A calidade do servizo, por certo, non sempre é mellor cando os prezos son maiores.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto