Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

EN IMAXES: De lixo a materia prima

Como funciona o servizo de recollida das nosas cidades?

O aumento da poboación e o desenvolvemento da sociedade de consumo provocan un dos maiores problemas actuais: a crecente xeración de residuos sólidos urbanos e a necesidade de reciclalos e de reducilos. Cada español guinda 500 quilos de lixo doméstico ao ano, unha media algo inferior á europea, que anda arredor dos 550 quilos. Este é o traxecto que permite a transformación do lixo en materia prima.

Na casa

Acadar a máxima valorización e recuperación da materia inerte reciclable depende dunha eficiente selección doméstica. O aumento da cantidade de lixo doméstico radica en materia non orgánica, é dicir, susceptible de ser reciclada. Pero aínda hoxe separamos moi pouco: do quilo e medio cotián, tan só un escaso 15% (nalgunhas comunidades este dato alcanza o 25%, pero noutras non supera o 10%) se deixa listo para reciclar. Nos países nórdicos, case a metade do lixo é reciclable, e a cantidade de lixo xerada por habitante é significativamente menor (non chega aos 400 quilos ao ano).

  
Ruben García Blázquez

En ruta

O camión retira o colector que lle corresponde en cada ruta (envases, papel-cartón, orgánica e restos, ou vidro). Os residuos son transportados deica algún dos 83 Centros de Tratamento de Residuos Urbanos distribuídos por todo o país, que están integrados por dúas áreas de tratamento diferenciadas: planta de reciclaxe e vertedoiro controlado.

  
Ruben García Blázquez

Na planta de reciclaxe

Descarga

O camión envorca nunha nave os produtos reciclables, que se clasifican en grupos: papel e cartón (37%), vidro (15%), plástico (14%), metal e envases de brik (8%). Un 26% rexéitase. Cada un deles entra no proceso de selección de xeito individualizado. A primeira peneira realízana operarios que desbotan materia orgánica nunha cabina de triaxe inicial. Neste espazo estanse a implantar nun gran número de plantas robots que seleccionan os refugallos de acordo con parámetros visuais, aínda que polo de agora só están presente nun 10% dos centros españois.

  
Ruben García Blázquez

Selección mecánica: trómel (peneira rotativa)

Logo desta selección, o lixo pasa por un trómel que separa, por mor da acción conxunta do aire e imáns, os refugallos que non pertencen á cadea en curso. Por exemplo, se se está seleccionando plástico, elimínanse os briks e demais residuos, que pasarán de novo polo proceso na súa quenda.

  
Ruben García Blázquez

Triaxe manual

Na cabina de triaxe e selección principal, numerosos operarios peneiran o lixo. Algúns materiais serán desbotados para a planta e levaranse á zona de vertido. Os demais sepáranse nos seus correspondentes colectores. De alí, pasarán por un aspirador, no que campos magnéticos obteñen os metais que se destinan ao seu correspondente colector. O vidro, o papel, a chatarra, o brik e o plástico están listos para seren empaquetados.

  
Ruben García Blázquez

Material reciclado, materia prima

Unha vez seleccionados e empaquetados por naturezas, os diferentes produtos prepáranse para seren transportados a empresas que os aproveitan como materia prima para crear novos artigos. O 48% do papel que entrou na planta servirá para elaborar de novo papel. O 56% dos envases de cartón serán de novo envases. O 40% do vidro volverá ser botella. O 100% do metal tomará de novo o seu curso. O 7% do plástico volverao ser, e o 3% do brik será útil.

  
Ruben García Blázquez

No vertedoiro

Descarga de materia orgánica

Os refugallos orgánicos chegan á zona de vertido, que está dividida en celas. Trátase de espazos de arredor de 2.000 metros cadrados, que así que están cheos de lixo se cobren con terra co fin de facilitar a fermentación anaerobia da materia orgánica.

  
Ruben García Blázquez

Conversión en gas

Cada cela dispón de drenaxe para a canalización de lixiviados (líquidos resultantes do proceso de disolución de metais) ata a rede de colectores. Este sistema de centralizado de extracción e condución fai que estes gases sexan enerxeticamente aproveitables. Xera enerxía abonda, en función das características da planta, para convertela en autosuficiente. Ademais, logra eliminar as posibles afeccións por cheiros ou incendios.

  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto