Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Dereito sucesorio: Para evitarmos situacións desagradables, o mellor é testar

Deixar todo ben atado en vida cun testamento custa entre 36 e 60 euros, e aforra numerosos crebacabezas

Anciáns que llo deixan todo ao can, pais que darían o que fose por desherdar un fillo, parellas que non teñen dereito a nada tras a morte do seu compañeiro, un parente descoñecido que reclama os bens do seu tío-avó. Todos eles forman parte da realidade cotiá tecida arredor das herdanzas, un episodio da vida familiar tan indesexado como temido, do que sacan tallada non só os herdeiros senón tamén as notarías e Facenda.

Deixar todo ben atado en vida cun testamento custa entre 36 e 60 euros. Este documento desempeña un papel esencial nas herdanzas. Un simple papel, non moi caro, que non entraña moita dificultade, xa que a súa elaboración queda en mans do notario, pero que boa parte da poboación española se resiste a facer, xa que testar significa recoñecer o noso propio futuro falecemento, algo que a todos nos custa asumir.

  Sexa cal sexa a nosa situación patrimonial e persoal, os avogados sempre recomendan a elaboración dun testamento para lles aforrar tempo e, sobre todo, problemas aos familiares.

Non facer testamento equivale a deixar os familiares ante os trámites da sucesión intestada, que cómpre realizar ante un notario ou, nalgúns casos, ante un xuíz, e a pór enteiramente en mans da lei o reparto dos bens. A diferenza de prezo entre ambas as dúas opcións é considerable. Unha sucesión intestada ten unhas custas tres veces maiores ca unha realizada con testamento, arredor de 150 euros. Se é necesario chegar a unha declaración xudicial para aclarar a herdanza, o prezo dispárase, e pode chegar aos 6.000 euros no caso dunha herdanza de 200.000 euros.

Xeneralidades sobre testamentos e herdanzas

  • Quen pode facer testamento? A Lei permítelle testar a calquera persoa maior de 14 anos. A limitación básica establecida pola Lei refírese á necesidade de que o testador estea no seu san xuízo.
  • Que bens se inclúen nunha herdanza? A herdanza dunha persoa finada e casada está integrada polos seus bens privativos e pola metade dos gananciais, en caso de que este sexa o seu réxime económico-matrimonial. Os bens gananciais son aqueles que foron adquiridos por compra polo finado unha vez contraído o matrimonio ou mediante calquera outro contrato de carácter oneroso (que require que o que o adquira debe dar, facer ou non facer algo como contraprestación), salvo proba en contrario.  Os cartos existentes no intre do falecemento presúmese ganancial, salvo que se poida demostrar que era de carácter privativo dun dos cónxuxes.
  • Que é o dereito de usufruto, e canto tempo dura? O dereito de usufruto permítelle ao seu titular utilizar unha cousa doutro sen ser o propietario. O seu titular tamén se pode apropiar dos rendementos que este ben alleo poida producir (as rendas, se o usufruto se adquire sobre un inmoble que está alugado, os froitos, se se trata dunha explotación agrícola, etc.). Así e todo, o usufrutuario non pode vender o ben nin gravalo, constituíndo, por exemplo, unha hipoteca, porque non lle pertence. O usufruto pódese pactar por unha duración determinada (por exemplo, 30 anos) ou ser determinable (mentres viva o beneficiario).
  • Quen herda cando non hai testamento? En caso de que o finado teña fillos, a herdanza divídese entre eles a partes iguais. Se o finado estaba casado o seu cónxuxe percibe o usufruto dun terzo da herdanza e a metade dos bens gananciais. En caso de que o finado non teña fillos, a herdanza correspóndelles aos pais, e ao cónxuxe viúvo o usufruto da metade dos bens. En caso da morte dunha persoa que non teña pais, nin fillos, o cónxuxe é o principal herdeiro. E en caso de que non exista tampouco unha parella civil, os herdeiros poden ser os irmáns e sobriños do finado. Se unha vez aberta a sucesión "legal" non se atopan herdeiros, é o Estado quen herda todos os bens. Cada liña péchalles o paso ás demais. É dicir, se hai descendentes, xa non herda ninguén máis, non sendo o cónxuxe viúvo, que ten sempre un dereito de usufruto.
  • Como se pode saber se unha persoa finada fixo testamento e ante que notario? Hai que solicitarlle un certificado ao Rexistro de Actos de Última Vontade mediante un impreso de Últimas vontades, que se pode adquirir nun estanco ou no mesmo Ministerio de Xustiza. Cómpre acompañar o impreso da partida do certificado de defunción, orixinal ou fotocopia debidamente compulsada, expedida polo Rexistro Civil correspondente á localidade en que a persoa faleceu, e deberá constar necesariamente o nome dos pais do finado. O certificado débese solicitar despois de quince días hábiles a partir da data de defunción.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto