Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O ficheiro de morosos equivócase de persoa

  Unha consumidora acudiu a unha entidade financeira para solicitar un préstamo e foille denegado por falta de solvencia. Segundo a entidade, constaba nun ficheiro de morosos como debedora dun crédito anterior. En realidade, o crédito citado xa fora aboado na súa totalidade e o expediente de embargo era contra outra persoa co seu mesmo nome e apelidos. A afectada levou o ficheiro de morosos a xuízo e a sala 1ª do civil do Tribunal Supremo, en sentenza do 7 de marzo de 2006, deulle a razón. O Supremo constatou que a demandante vira atentada a súa dignidade persoal e que este dano se debía á información errónea do ficheiro. Afirmou que o cidadán non pode estar desvalido ante o risco de que outra persoa cos mesmos nomes e apelidos, algo máis frecuente do que parece, incorra en auténtica morosidade e sufrir así inxustas consecuencias.

A empresa titular dos ficheiros, engadiu, non se pode escudar en que obtivo os datos de fontes oficiais, senón que debeu comprobar con dilixencia os datos persoais. E aínda que non houbese intención difamatoria ou de danar, debe responder do dano moral causado. Por iso a condenou a unha indemnización dunha cantidade de 3.000 euros e co pagamento das custas.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto