Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Contratei cunha axencia unha viaxe a Exipto e engadín un seguro de anulación. Dous días antes da saída fracturei o colo do úmero nun accidente. Comuniqueino telefonicamente ao día seguinte a través do número de teléfono que tiña na póliza. Máis tarde acheguei toda a documentación que me pediron e a compañía de seguros envioume 600 euros, cantidade máxima por cancelación, segundo o contrato; pero a axencia négase a reembolsarme nada máis porque a empresa responsable do paquete da viaxe así o di. Pola dita viaxe eu paguei a cantidade de 970 euros, incluída unha excursión. Polo tanto, non só non viaxei senón que non utilicei os servizos de hoteis nin excursión contratados. É lícito que non me reembolse nada a responsable do paquete da viaxe?
De acordo coa Lei de viaxes combinadas, o usuario ten dereito a desistir da viaxe contratada con dereito á devolución das cantidades aboadas. Pero a devolución non comprende o total do desembolsado. Cando o usuario desiste dentro das 48 horas anteriores á saída, debe pagar os gastos de xestión, anulación e un 25 % do importe da viaxe. Pero se a desistencia se produce por causa de forza maior, o usuario só está obrigado a pagar os gastos de xestión e anulación.
O caso presentado encaixa no suposto de forza maior. Por iso, o afectado debe continuar coa súa reclamación á axencia de viaxes e comprobar tamén a cobertura do seu seguro de cancelación, se lle cobre os gastos de xestión e anulación. Para iso debe acudir á Oficina Municipal de Información ao Consumidor ou remitir á axencia un buro fax con xustificante de recepción.
Se non consegue un acordo extraxudicial, pode propoñerlle á axencia someter a cuestión a arbitraxe de consumo (que é de balde). Se a axencia non acepta a arbitraxe, a última opción é acudir a un xuízo civil, verbal, para o que non precisará nin avogado nin procurador, aínda que deberá preparar e presentar a demanda no prazo de dous anos desde que sucederon os feitos.
Convén acompañar a demanda con todos os documentos que posúa (contrato de viaxe combinada, recibos dos pagamentos, informe médico coa data da primeira asistencia recibida, documentos relativos á tramitación do sinistro coa compañía de seguros e mesmo a factura telefónica na que conste o día da chamada á compañía aseguradora, etc.). Se é preciso, pode acudir a un avogado ou a unha asociación de consumidores para ser asesorado.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI