Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Unha pensión compensatoria non pagada pon en risco a futura pensión non-contributiva

Son unha muller divorciada. Por sentenza concedéronme o piso que tiña co meu ex-marido, a tutela dos meus fillos, a pensión alimenticia e a compensatoria. O meu ex-marido nunca realizou o pagamento da pensión compensatoria alegando que o seu salario é moi baixo. Por non crear mal ambiente cos nosos fillos voume apañando sen ela. Vivo grazas a pequenos traballos coidando nenos (sen cotización), pero vexo que se achega a idade da miña xubilación e temo que, por unha pensión que non recibo, perigue a opción de dispoñer dunha pensión non-contributiva por parte do Estado. Que opcións teño?

 A Lei xeral de Seguridade Social recoñécelles o dereito á pensión de xubilación, na súa modalidade non-contributiva, ás persoas que, cumpridos os 65 anos de idade, non dispoñan de rendas ou ingresos que superen os límites establecidos, que en 2006 se fixaron en 4.222 euros anuais. A pensión compensatoria por sentenza de divorcio non se ten en conta nestes cálculos cando non se aboa e se intentou cobrar por vía xudicial sen éxito. Así o recoñece o Tribunal Supremo.

No caso presentado, a Seguridade Social pode rexeitar a súa solicitude porque, como non ten constancia de que a persoa afectada non cobra a pensión compensatoria, inclúe esta partida entre os seus ingresos. Para intentar solucionar este problema, a afectada debe reclamar xudicialmente o pagamento da pensión compensatoria, aínda que na práctica non teña posibilidade de cobrala debido á baixa contía do salario do seu ex-marido. En primeiro lugar, solicite información no Colexio de Avogados da súa provincia sobre os trámites que cómpre seguir para solicitar un avogado e procurador de oficio. Terá dereito a xustiza gratuíta (tense este dereito cando, entre outros requisitos, se perciben ingresos inferiores ao dobre do salario mínimo interprofesional). Aínda que non logre obter o diñeiro do seu ex-cónxuxe, poderá acreditar ante a Seguridade Social a imposibilidade de cobrar a pensión e que actuou coa dilixencia debida. Para o seguinte paso deberá agardar ata cumprir 65 anos, momento no que poderá acudir á oficina que lle corresponda da Seguridade Social co fin de solicitar a pensión non-contributiva.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto