Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Seguros de cancelación: Cando convén contratalos?

Un modalidade en alza dentro das promocións de viaxes consiste en ofrecer importantes descontos -ata un 20%- se as vacacións se contratan con varios meses de antelación. Na tempada estival, máis dun 80% das axencias e aeroliñas ofrecen descontos, segundo datos de Exceltur, se se contratan as vacacións polo menos un mes antes da data de saída. Debido a este gancho promocional, estase también incrementando notablemente o número de seguros de cancelación de viaxes que se subscriben. Este produto resulta moi recomendable para asegurar o custo de viaxes contratadas con moita antelación pero que deben suspenderse por impredicibles problemas de última hora.

 

O prezo destas pólizas varía entre unhas entidades e outras, aínda que poden atoparse seguros de cancelación por 5 euros se a viaxe se realiza por España e desde 10 euros se se viaxa ao estranxeiro. Só en 2005 os españois gastaron máis de 263 millóns de euros nos seus seguros de asistencia en viaxe, segundo datos de ICEA (Investigación Cooperativa entre Entidades Aseguradoras e Fondos de Pensións), que inclúen a cobertura de cancelación. (Este dato é de seguros de asistencia en viaxe, non só de seguros de cancelación).

Que son os seguros de cancelación?

Os seguros de cancelación son un tipo de seguro que cobre os gastos de anulación dunha viaxe, sempre que estean xustificados e que tal motivo figure na póliza do seguro. Polo xeral, este tipo de seguros son unha cobertura específica dos de asistencia en viaxe, aínda que cada vez máis se poden contratar por si sós, como unha categoría única de seguro. Como seguros de entidade propia, estas pólizas permítennos saír airosos dunha anulación que, por calquera imprevisto, temos que solicitarlle á axencia ou compañía que nos vendeu a viaxe.

Que cobren?

Este tipo de seguros indemniza os titulares que contrataron unha viaxe combinada (que inclúe transporte e hotel) ou uns billetes de avión, cando se vé na obriga de cancelar unha viaxe. En cada un dos casos, o seguro cubrirá un importe máximo, que estará indicado na póliza, se finalmente o cliente non pode gozar da viaxe. Como mínimo, cobren os gastos que xa se efectuasen como adianto do pagamento da viaxe (as chamadas reservas ou entradas).

Onde se contratan?

Hai compañías de seguros especializadas neste tipo de produtos, aínda que para subscribilos non é preciso que o cliente teña que recorrer a elas. As axencias de viaxes teñen asinados acordos con entidades aseguradoras que lles proporcionan as coberturas que poden necesitar os seus clientes, como seguros básicos de asistencia en viaxe, seguros específicos que cobren estancias e posibles problemas en lugares de esquí ou de deportes de risco... e también os mencionados e específicos seguros de cancelación. En calquera caso, non é obligatorio contratar estes seguros: a decisión dependerá do cliente.

Canto custan?

Hai diferenzas de prezos, segundo cal sexa a compañía que ofrece o produto. Algunhas aseguradoras teñen prezos fixos para os seguros de cancelación, en función do destino ao que se viaxe. Por exemplo, custan 5 euros se se queren cubrir uns billetes de avión para unha viaxe por España , 9 se se cobre un voo por Europa ou 18 se se voa a América.

Outras compañías aplican un prezo en función do importe da viaxe. Por exemplo, en Mondial Assistance, unha das compañías especializadas en seguros de viaxe que máis acordos asinados con axencias e aeroliñeas ten en España, cobran o 5% do importe da viaxe. Así, para unha viaxe de 300 euros, o seguro de cancelación custaría 15 euros e para outra viaxe de 2.000 euros, subiría ata os 100 euros. Como con calquera outro produto de seguros, comparar tarifas, coberturas e límites (sobre todo estes últimos) nunca está de máis.

Cales son as obrigas da aseguradora?

Mediante esta póliza a compañía aseguradora comprométese a devolverlle ao cliente a cantidade adiantada (se só se aboou unha reserva), todo o diñeiro cobrado (se a viaxe se pagou por completo) ou parte do custo total da viaxe (cando o seguro teña un tope de indemnización). Pero, atención: para que o seguro de cancelación cubra estes gastos, o cliente debe avisar con polo menos 48 horas de antelación de que se non poderá realizar a viaxe. Además, deberá xustificar o motivo da cancelación. E outro detalle importante: ese motivo deberá constar entre as causas aceptadas na póliza. É importante recordar que estes seguros non cobren anulacións efectuadas con menos de 48 horas de antelación. Se se desexa efectuar a cancelación con menos de 48 horas de antelación, o seguro xa non cubrirá as indemnizacións correspondentes.

Que ocorre se non se contrata o seguro de cancelación?

Se o cliente non contrata este seguro e, por unha causa de forza maior, non pode emprender a viaxe, perdería toda a fianza deixada na axencia (que rolda o 25%-30% do total do importe da viaxe) e correría también co gasto de expedición dos billetes e cos gastos de xestión.

Motivos máis frecuentes de anulación

Para que a compañía corra cos gastos de cancelación da viaxe, o cliente debe xustificar que non pode viaxar por un motivo de forza maior. As máis habituais son os seguintes:

  • Enfermidade ou accidente grave ou falecemento do asegurado, do seu cónxuxe, ascendentes, descendentes, irmáns, cuñados, xenros, noras e sogros.
  • Prexuízos graves no domicilio ou local profesional (autónomos).
  • Despedimento laboral.
  • Incorporación a un novo posto de traballo asinando un contrato de duración superior a un ano.
  • Convocatoria nun procedemento xudicial ou como membro dunha mesa electoral.
  • Citación para unha intervención cirúrxica grave do asegurado, do seu cónxuxe ou familiar en primeiro e segundo grao.
  • Entrega en adopción dun neno.
  • Transplante dun órgano de/ao asegurado, de/ao seu cónxuxe, ascendentes, descendentes, irmáns, cuñados, xenros, noras e sogros.
  • Convocatoria para oposicións.
  • Anulación dun acompañante inscrito e asegurado ao mesmo tempo e que o obrigue a viaxar só.
  • Creba do axente de viaxes ou cancelación da viaxe por parte da liña aérea.

Recomendacións

  • Este seguro é interesante cando se aboa unha viaxe con moita antelación.
  • Cando a situación persoal ou profesional é complicada e non sabe se realmente poderá gozar da viaxe tamén resulta recomendable.
  • Non é preciso se se contrata a viaxe a última hora e estase practicamente seguro que non haberá problemas.
  • Algunhas tarxetas de crédito, cando se aboa unha viaxe con elas, inclúen a cobertura de cancelación. Xa que logo, antes de contratar este seguro hai que comprobar se a nosa tarxeta ofrece esa cobertura: pola contra, abonariamos unha cantidade que non era necesario pagar e teriamos por duplicado o produto, pero só nos poderíamos beneficiar das coberturas dun dos dous seguros.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto