Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Viaxes longas en avión: Manual de supervivencia

Síndrome da clase turista, jet lag... as molestias para os pasaxeiros poden atenuarse se se toman as debidas precaucións

As visitas aos nosos antípodas ou a destinos moi afastados e exóticos contan con múltiples alicientes, pero tamén con algúns inconvenientes. Un dos maiores, que provoca suores frías e desánimo nos intrépidos viaxeiros, é o do elevado número de horas que por veces toca permanecer no limitado habitáculo dun avión a 10.000 metros de altura. Cambios na presión do aire, diminución da cantidade de osíxeno, turbulencias, alteracións do noso ritmo biolóxico (circadiano) do organismo, tensión psicolóxica ou física... A lista de molestias pode ser extensa, pero tamén eludible se a viaxe se planifica con coidado e se se adoptan algunhas sinxelas precaucións antes, durante e despois do voo.

Síndrome da clase turista

Con esa denominación coñécese popularmente a trombose venosa profunda (TVP), patoloxía que provoca a formación de coágulos de sangue nas extremidades inferiores. Aínda que polo seu nome, a "síndrome da clase turista" remita a un trastorno do que os viaxeiros de primeira zafan, en realidade esta patoloxía pódea sufrir calquera persoa que permaneza inmóbil durante horas nun reducido espazo, o que ocorre sobre todo en avións. Os síntomas (dor, edema, coloración cutánea anormal, prominencia das veas superficiais) pódense sentir durante o voo, na aterraxe ou días despois da chegada ao destino. As embarazadas, os anciáns, os fumadores, as persoas que teñen problemas circulatorios e os que sofren unha enfermidade obstrutiva crónica (EPOC) ou insuficiencia cardíaca constitúen a poboación con maior risco de sufrir TVP e deben consultar co seu médico antes de viaxar. Se quere evitar riscos:

  • Se non hai contraindicacións, pode tomar unha aspirina antes do voo, polo seu poder anticoagulante e antiagregante plaquetario.
  • Non use fármacos hipnóticos nin pastillas para durmir.
  • Durante o voo utilice roupa pouco axustada e preferiblemente de fibra natural, co fin de exercer unha menor presión sobre a pel e de facilitar a ventilación.
  • Non coloque debaixo dos asentos vultos que lle impidan estirar as pernas.
  • Beba con regularidade pequenos grolos de auga, co fin de evitar a deshidratación. A falta de líquido espesa o sangue e aumenta o risco de coágulos. Evite o alcohol e o café.
  •  
  • Non manteña as pernas cruzadas mentres estea sentado.
  • No mesmo asento, pódense estirar brazos e pernas para evitar que "adormezan".
  • Realice algún exercicio sinxelo, como levantar a punta do pé con enerxía e mover os dedos durante uns segundos, apoiando o talón no chan.
  • Cada 1 ou 2 horas, e sempre que as condicións de voo o permitan, dea un pequeno paseo.
  • Se logo de realizar un traxecto prolongado observa unha inchazón persistente e non habitual nas pernas, se sente dor torácica, se lle falta o aire ou respira con dificultade, acuda decontado a un centro hospitalario.

Jet lag ou desfase horario

O jet lag é unha desincronización do noso sistema circadiano (ritmo biolóxico normal). Prodúcese cando no destino se dá unha diferenza horaria de polo menos 6 horas respecto do lugar de orixe. Para minimizar os seus efectos:

  • Antes da viaxe intente deitarse máis cedo durante un par de días se vai viaxar cara ao leste; se a viaxe é cara ao oeste vaia durmir máis tarde durante un par de días.
  • As pastillas para durmir de acción curta poden ser de axuda para coller o sono durante a viaxe, pero só se deben usar seguindo recomendacións médicas, e non se deben tomar de forma habitual durante os voos porque poden incrementar a inmobilidade e, polo tanto, o risco de desenvolver unha trombose venosa profunda.
  • Intente durmir cada 24 horas o mesmo tempo que dorme habitualmente. É necesario un bloque mínimo de 4 horas de sono, coñecido como "sono de soporte", durante a noite local para que o reloxo corporal interno se poida adaptar á nova zona horaria.
  • O ciclo de luz e escuridade é un dos factores más importantes para fixar o reloxo corporal interno. A exposición á luz diúrna no destino polo xeral axuda a adaptarse.
  • Logo dun voo cara ao oeste é recomendable quedar esperto mentres haxa luz solar no destino e tratar de durmir cando anoiteza. Logo dun voo cara ao leste recoméndase quedar esperto, pero evitando a luz solar brillante da mañá e quedar na casa o maior tempo posible pola tarde (para evitar precisamente a luz).

Problemas nos oídos

  • As fases de despegue e aterraxe son as más problemáticas: os cambios de presión que se producen neses momentos poden provocar sensación de taponamento no oído. Unha fórmula sinxela para evitar esas molestias consiste en realizar con forza unha curta expiración mantendo o nariz e a boca pechados (manobra de Valsalva). Durante esta manobra non use a forza do seu peito ou abdome, xa que poden crear presións demasiado altas.
  • Os nenos pequenos non poden realizar esta manobra, pero pode tratar de evitarlles as molestias óticas alimentándoos durante o descenso e evitando que adormezan. No caso dos bebés, poñerlles un chupete para estimular a acción de tragar pode reducir os síntomas.
  • Unha goma de mascar ou un caramelo poden ser útiles: as accións de mastigar e de chupar activan os músculos encargados da apertura da trompa de Eustaquio, e isto axuda a impedir o taponamento do oído.
  • As persoas con infeccións de oído, nariz ou seos deben ser especialmente precavidas: poden ter dificultades para igualar as diferenzas de presión e, como consecuencia, sentir dor. Convén consultar co médico se é unha boa idea coller o avión. E se non é posible evitar a viaxe, é recomendable usar gotas nasais desconxestionantes antes do voo e de novo antes do descenso.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto