Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Tipos de cámaras dixitais: Luces e sombras na fotografía dixital

Para elixir a cámara axeitada hai que coñecer as vantaxes e limitacións de esta tecnoloxía

 

Se hai dez anos vísemos alguén tirando unha foto mentres sostiña a cámara a 30 centímetros da súa cara teriámolo por tolo ou, cando menos, por pouco hábil. Entón case ninguén sospeitaba que un día sería posible "revelar" as fotografías acabadas de tomar cunha calidade excelente sen necesidade de ter que pasar polo laboratorio. Aínda menos que as imaxes malas ou desenfocadas se poderían borrar de golpe sen custo. Pero a situación cambiou en moi pouco tempo: os fabricantes estiman que venderán este ano 89 millóns de cámaras dixitais en todo o mundo, o que supón un crecemento do 15% respecto a 2005 e un indicador de que o sector entra na madurez (o ano anterior o crecemento foi do 42%).

A pesar das súas grandes vantaxes, na fotografía dixital non todo son luces. Tanto na adquisición dunha cámara coma no seu uso, o consumidor enfróntase a varias limitacións que hai que coñecer para acertar na elección.

Compacta o réflex

Unha cámara dixital e una tradicional comparten non poucos elementos comúns. Para comezar, ambas contan cunha parte óptica pola que "entra" a imaxe e que é, en gran medida, a que define a calidade final das instantáneas. Tanto na tecnoloxía dixital coma na analóxica pódense distinguir, en esencia, dous tipos de cámaras: compactas e réflex. A diferenza entre ambas márcaa a presenza nas réflex dun lente groso con forma de triángulo (prisma) que permite ver no visor a mesma imaxe que está captando o obxectivo, sen ningunha desviación. Nas compactas dixitais, en cambio, a imaxe que se observa é unha recreación dixital e non tan fiel. Ademais, nas cámaras réflex, xa sexan analóxicas ou dixitais, os obxectivos son intercambiables, co que se poden combinar diferentes lentes, polo xeral dunha calidade maior ca os que se atopan nas compactas.

As dixitais compactas teñen prezos que oscilan entre os 200 euros e os 300 euros, se ben os modelos máis accesibles pódense adquirir por 100 euros. Nas cámaras dixitais réflex, os prezos parten dos 1.000 euros e poden chegar a cifras prohibitivas. Están destinadas a un uso profesional ou semiprofesional, mentres que as compactas, moito máis baratas, lixeiras e pequenas, están pensadas para un público máis amplo, que busca comodidade no seu uso e transporte xunto cunha calidade de imaxe aceptable.

Coidado coa resolución

A resolución é o nivel de definición que unha cámara pode dar dunha imaxe. Na fotografía dixital fálase de píxeles para referirse ao seu nivel de resolución. Un píxel é a unidade mínima de información (luz, cor, intensidade...) que contén unha imaxe. Se se observa no ordenador unha imaxe dixital moi ampliada, poderase ver que sempre está composta de minúsculas cuadrículas. Cada cuadrícula é un píxel. Polo tanto, cantos máis píxeles teña unha imaxe maior será a súa resolución. As cámaras dixitais actuais poden chegar a niveis de resolución de varios millóns de píxeles, o que se coñece como megapíxeles. Cando se di que unha cámara ten cinco megapíxeles estase dicindo en realidade que pode almacenar ata cinco millóns de cuadrículas de información nunha imaxe. As cámaras domésticas con maior resolución na actualidade andan nos sete megapíxeles.

A este respecto, convén ter en conta dous datos. O primeiro é que o feito de que a cámara sexa réflex non inflúe na súa resolución. O segundo, e de gran relevancia, é que unha maior resolución non sempre é mellor. Unha alta resolución permite ampliar a foto ata ver detalles insospeitados (ata ver un gran no nariz de alguén nunha foto de familia, por exemplo), pero polo mesmo motivo magnifica as imprecisións e os movementos.

Se se ten unha cámara cunha resolución de sete megapíxeles, por exemplo, os expertos recomendan tomar as fotografías coa seguinte resolución menor (cinco megapíxeles) a non ser que se estea en condicións óptimas e a cámara sexa de moi alta calidade. Do mesmo xeito, non se aconsella decidir a compra dunha cámara en función da resolución máxima que poida dar. Ao fin e ao cabo, a resolución é só un máis dos moitos factores que interveñen na calidade dunha imaxe dixital; tamén están o enfoque, a luminosidade ou as cores. Ao redor dos tres ou catro megapíxeles de resolución, un usuario convencional pode obter imaxes excelentes mesmo para imprimir ao tamaño dun folio.

Fotografar lonxe da casa

As cámaras dixitais almacenan as imaxes nas tarxetas de memoria. Cando se compra unha cámara, contén unha tarxeta interna duns 16 megabytes de memoria, o mínimo no que apenas poderemos gardar imaxes. Por iso é case imprescindible adquirir unha tarxeta adicional con maior memoria.  Hai tarxetas desde 32 megabytes ata dous gigabytes (aproximadamente 2.000 megabytes) que permiten gardar un número considerable de imaxes. Así e todo, se se está de viaxe lonxe da casa é habitual tirar moitas fotos ata exceder a capacidade de memoria da tarxeta (por grande que sexa), pero adquirir unha segunda tarxeta para estas ocasións sae caro. Como descargar a tarxeta e seguir fotografando a discreción? A alternativa máis obvia é realizar unha preselección das fotos véndoas na cámara e desbotando aquelas que non quedaron ben. O resto pódense descargar a un ordenador nun cibercafé e desde alí envialas a servizos especializados como Flickr, ou a unha conta de correo electrónico de gran capacidade como as de Yahoo ou Gmail de Google. Pero, sen dúbida, a opción máis cómoda son as tendas, cada vez máis comúns en lugares afeitos ao turismo, que permiten descargar as fotografías a CD ou DVD (moitos dos comercios de revelado ofrecen este servicio). Unha vez na casa, o usuario pode pasar os arquivos ao seu ordenador desde o disco e realizar a selección das imaxes que quere imprimir.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto