Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Psicoloxía

Λ

Espazo propio: O valor da intimidade

As persoas somos seres sociais. Relacionámonos, buscamos os outros, ofrecémoslles o noso tempo e a nosa compaña.

Pero tamén necesitamos alimentar a nosa individualidade e contar cun espazo propio que nos permita gozar de tranquilidade e privacidade. Todos, desde que somos pequenos, precisamos dese cachiño onde repousar e descansar. Un refuxio físico que nos dá seguridade e un refuxio emocional onde podemos atoparnos cunha soidade buscada e necesaria.

Marcar os límites

A zona privada de cada persoa limita co exterior. Trátase dunha parcela desde a que tomamos conciencia de nós mesmos, definimos como queremos relacionarnos cos outros e como debemos tratarnos. Marcar ben os límites permítenos coñecer os dos demais e propicia non invadir os territorios alleos nin os propios. A protección desa zona non supón unha fuxida, nin a desconexión do mundo. Trátase dun illamento necesario, non un lugar baleiro onde ocultarse.

 

Contar co noso espazo é imprescindible para

  • Coñecernos realmente
  • Darnos conta de que ocorre ao noso redor
  • Aprender a reflexionar
  • Practicar a comunicación con nós mesmos

Como usar o noso espazo

  • Escoitar o que pensamos e sentimos
  • Saber o que queremos e o que non desexamos
  • Entender a nosa vida e ver cara a onde vai
  • Analizar a nosa coherencia
  • Saber como reaccionamos ante situacións novas e diferentes
  • Ver como nos comunicamos cos demais

A necesidade de protexer a intimidade

O espazo propio é un lugar físico (un paseo, un sillón) no que estamos sós e somos conscientes desa soidade buscada. Por veces fiximos de nós mesmos e buscamos estar rodeados continuamente de xente. Pola contra, podemos temer relacionarnos cos demais e establecemos vínculos marcados pola cortesía e polas boas maneiras, pero sen presentar nin amosar a nosa zona de intimidade, é dicir, sen ensinarnos tal cal somos.

Por suposto, non imos ofertarlla a calquera. Agora ben, teñamos presente que na medida en que dispoñamos do noso espazo persoal, poderemos ofrecerlles con máis garantías o acceso ás persoas coas que cremos que paga a pena compartilo.

Un bo equilibrio persoal, unha boa autoestima, require dun tránsito continuado do noso espazo privado cara ao público. Ambos os espazos compleméntanse, enriquécense e necesítanse. Hai que estar no mundo porque formamos parte del e hai que ter, como dicía Virginia Woolf, "unha habitación propia".

A necesidade de compartir a intimidade

 

O espazo persoal é un todo que ás veces segmentamos e compartimos con persoas especiais para nós: parella, amizades, fillos. Pero dentro desta parcela, por veces, déixase participar a quen queremos, e ás veces non.

Correspóndelle á nosa madurez decidir que cousas, en que momento e con quen imos comunicar que zonas da nosa intimidade. O saudable é que haxa varias persoas na nosa vida con quen poidamos facelo. Con estes vértices formaremos "redes" coas que tecer unha malla simbólica que, sen impedir que caiamos, nos ofreza un apoio para poder levantarnos.

Que esas parcelas do noso espazo persoal non sempre se compartan coa parella non debemos interpretalo como o reflexo dunha perda do amor que nos une a ela, nin con que non teñamos claro que lugar ocupa na nosa vida. Ao revés, a relación con máis persoas permite diversificar os afectos e enriquece a nosa capacidade de amar, o que favorece a unión afectiva coa parella.

A xenerosidade ben entendida

Metidos na cantidade de obrigas e compromisos diarios, concedémoslles prioridade e atendemos outras persoas, e non a nós mesmos, co que acabamos no último posto na lista de prioridades. Non acabamos de buscar tempo para as nosas cousas. Non chega o momento, nunca se dá, pese a que repetimos unha e outra vez que o buscamos, que o queremos, que o botamos en falta. A realidade é que está aí agardando e non o tomamos porque, en definitiva, nos damos menos importancia da que nos merecemos. Trátase dunha xenerosidade mal entendida que fai que descompensemos a balanza das nosas necesidades.

Fáltanos hábito e iso fainos máis difícil destinar un tempo centrado nun mesmo e conectar co noso espazo íntimo, pero iso non significa que sexa imposible a tarefa, senón simplemente que representa unha maior dificultade. Sempre é un bo momento para empezar a tomarnos en serio. E a época na que nos atopamos, o verán, é un momento idóneo para iniciar este san exercicio. O noso reloxo biolóxico afaise a días longos e festivos nos que os traballos, as obrigas e os deberes se relaxan. Pode ser, xa que logo, un momento ideal para visitar o noso territorio.

Espazo persoal e tempo propio: necesítanse

Non hai posibilidade de dispoñer dun espazo propio se non nos dedicamos tempo. Non é tempo de descanso nin é tempo de lecer, é:

  • Tempo de estar sós ou coa compaña que, neses momentos, cremos idónea para satisfacer as nosas necesidades ou desexos.
  • Tempo de elección persoal: de que queremos facer, de con quen ou, se é sós, como queremos facelo.
  • Tempo de sentir a liberdade de ocuparnos de nós e das nosas cousas.
  • Tempo de sabernos artífices das nosas vidas.
  • Tempo de ser quen e como realmente queremos ser.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto