Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Son os miligramos diarios de vitamina C que necesitamos. Obtéñense con 2 kiwis, 200 gramos de melón ou 50 gramos de pemento cru.
A debate:
O compoñente dos alimentos que máis axuda en aliviar e corrixir o estrinximento é a fibra, pero haina de distintos tipos.
A fibra soluble, que abunda no salvado de avea, froitas, legumes e froitos secos, absorbe auga e forma un xel. Isto fai que aumente o volume das feces e o seu peso, e, en consecuencia, o movemento intestinal. O efecto desta fibra, aínda que non é inmediato, nótano máis os que padecen estrinximento crónico. Para que sexa máis eficaz, pódese acompañar a dieta con abundante auga.
Tamén hai preparados de fibra insoluble, como o salvado de trigo. Esta fibra ten un efecto laxante maior e os seus resultados nótanse moito máis decontado. Funciona aumentando a velocidade do tránsito intestinal, polo que está moi indicada para o estrinximento ocasional, que a miúdo coincide cun cambio nos hábitos de vida, de alimentación, da auga que se bebe...
No mercado hai centos de produtos -cápsulas, pastillas, ampolas, infusións, barriñas, parches-, que se anuncian como "adelgazantes".
Diuréticos: aumentan a diurese ou a cantidade de líquido que ouriñamos, polo que se perde peso e volume, pero non graxa. Polo visto a graxa é insoluble en auga e non se elimina pola ouriña. Os diuréticos máis coñecidos son o ortosifón, a pilosela, o mexacán e a xestela.
Laxantes: estimulan o movemento do intestino, aumentan o volume e a fluidez das feces. Noutras palabras, facilítannos a evacuación e podemos notar que pesamos menos, pero a cantidade de graxa do noso organismo é a mesma. O sen, a casca sagrada e a frángula son os máis habituais.
Redutores da absorción de graxa, ou "queima graxas": a maioría carecen de fundamentos científicos serios que avalen os seus resultados. Son populares a carnitina, o chitosan, a camilina, o fucus, o vinagre de mazá ou o té verde. En España só hai un fármaco aprobado e eficaz que reduce ata un 30% a absorción da graxa dos alimentos consumidos, facendo que esta se elimine coas feces. O principio activo é o orlistat. Véndese en farmacias con receita médica, pois non está exento de contraindicacións e efectos secundarios: incontinencia fecal, flatulencias, gastrite, etc.
Saciantes: son produtos que conteñen fibra e axudan a reducir o apetito. Para notar o seu efecto saciante hanse de tomar antes das comidas e acompañados de abundante auga. Abusar deles non produce máis efecto que o saciante e, en cambio, si pode causar problemas dixestivos, mala absorción de nutrientes ou interacción con fármacos.
Triglicéridos: son un tipo de lípidos ou graxas formados no intestino e no fígado a partir da graxa, do excedente de azucre e do alcohol dos alimentos. O seu exceso no organismo produce trastornos cardiovasculares e aféctalle ao páncreas.
O truco: hidratarse axeitadamente é un dos mellores favores que se lle poden facer á nosa pel. Beber abundante auga é un dos mellores xeitos de logralo.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI