Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Parques de lecer: analizados 12 dos máis importantes: A seguridade segue sendo mellorable: un de cada tres suspende

Servizos ao usuario e mantemento, puntos fortes destes parques, mentres que a oferta de lecer pode cualificarse como boa

Doce parques de lecer, un a un

PARQUE DE ATRACCIÓNS ZARAGOZA

Inaugurado en 1974.
Coñecido por atoparse no pulmón verde da cidade, entre Los Pinares de Venecia e os Parques Grandes.
Recomendable para o público infantil en especial (a maioría das atraccións son para eles).
Tarifas: entrada todo o día, adultos 15,50 euros e nenos 9,95 euros.
O mellor: servizo gratuíto de aparcadoiro. Zonas para descansar e comer en contacto coa natureza. Boa ambientación.
O peor: a oferta de lecer (só 37 atraccións e ningún espectáculo). Non hai servizos suficientes para unha estadía agradable e cómoda, como visitas guiadas, revelado fotográfico, alugueiro de coches de nenos, recollida de compras, gardaría de animais, etc.

PARQUE DE ATRACCIÓNS MADRID

Inaugurado en 1969.
Coñecido por ser un dos parques de atraccións máis antigos, que combina atraccións de sempre con recentes adquisicións como a montaña rusa Abismo ou Lanzadera.
Recomendable para os máis pequenos, xa que conta cunha zona exclusiva para o público infantil, con atraccións como o Mini Tren, Mini Flume Ride, etc.
Tarifas: entrada todo o día, adultos 24,40 euros e nenos 13,90 euros.
O mellor: servizo de aparcadoiro gratuíto, boa dotación de servizos que facilitan a estadía (alugueiro de cadeiras de nenos, caixeiros automáticos, zonas para descansar e merendeiros, sala de lactación). Espectáculos para todos os públicos.
O peor: pouca información sobre os tempos de espera. Non se poden reservar entradas ou pases especiais para evitar colas nin visitas guiadas, e non conta con gardaría para animais.

PARQUE DE ATRACCIÓNS TIBIDABO (BARCELONA)

Inaugurado en 1899.
Coñecido polo seu avión, desde o que se goza dunha panorámica espectacular da cidade condal.
Recomendable para toda a familia e para os máis pequenos (varias atraccións exclusivas para eles).
Tarifas: entrada todo o día, adultos 22 euros e nenos 9 euros.
O mellor: posibilidade de apreciar unhas vistas exclusivas de toda a cidade. Moi boa dotación de despacho de venda de entradas. Espectáculos de gran calidade, tanto para maiores coma para pequenos.
O peor: servizo de aparcadoiro (5 euros ao día), escaseza na oferta de lecer (27 atraccións e só 5 espectáculos), pouca información sobre tempos de espera, escaseza de persoal de seguridade.

PARQUE DE ATRACCIÓNS TÍVOLI (BENALMÁDENA, MÁLAGA)

Inaugurado en 1972.
Coñecido pola súa atracción estrela Tívoli Dragón e a súa localización na Costa del Sol.
Recomendable para todas as idades.
Tarifas: entrada todo o día, adultos 16 euros e nenos 6 euros.
O mellor: aparcadoiro gratuíto. Moitos despachos de billetes. Bo servizo en caso de perda de menores ou de obxectos persoais.
O peor: deficiencias en accesibilidade de discapacitados, evidentes signos de paso do tempo e do mal estado de conservación dalgunhas atraccións.

PARQUE TEMÁTICO TERRA MÍTICA (BENIDORM, ALACANTE)

Inaugurado en 2000.
Coñecido polas súas atraccións estrela Tizona e Syncope.
Recomendable para quen busque situacións límite e descargar adrenalina.
Tarifas: entrada todo o día, adultos 33 euros e nenos 25 euros.
O mellor: servizos e mantemento (limpeza en áreas de hostalaría, aseos), boa dotación de fontes e zonas de descanso, boa sinalización.
O peor: poucos despachos de billetes, aparcadoiro (5 euros ao día), poucos caixeiros automáticos. Non hai cambio de divisas nin posibilidade de reserva de entradas ou pases especiais para evitar colas.

PARQUE TEMÁTICO PORT AVENTURA (SALOU, TARRAGONA)

Inaugurado en 1995.
Coñecido pola montaña rusa Dragon Khan e pola súa variedade gastronómica.
Recomendable para todo tipo de idades, pero en especial para os que buscan un pouco de tensión e excitación.
Tarifas: entrada todo o día, adultos 37 euros e nenos 30 euros.
O mellor: oferta de lecer, dotación de servizos que facilitan a estadía (recollida de compras, visita guiada, gardaría para animais, etc.), bos servizos bancarios (cambio de divisas), sinalización do parque, carteis traducidos a varios idiomas.
O peor: aparcadoiro (6 euros), poucos despachos de billetes, escaseza de persoal de vixilancia.

PARQUE TEMÁTICO WARNER BROS PARK (SAN MARTÍN DE LA VEGA, MADRID)

Inaugurado en 2002.
Coñecido pola súa ambientación e polos decorados.
Recomendable para o público infantil polos numerosos personaxes de debuxos animados e para os máis intrépidos (atraccións como Superman, Batman ou Stun Fall).
Tarifas: entrada todo o día, adultos 33 euros e nenos 25 euros.
O mellor: excelente dotación de servizos que facilitan a estadía (recollida de compras, reserva de entradas, alugueiro de coches de nenos, visita guiada, gardaría para animais, etc.).
O peor: aparcadoiro (5 euros por día), excesivas colas e pouca información sobre os tempos de espera (sinalización en pantalla ou "encerados") no momento de acceder ás atraccións.

PARQUE TEMÁTICO ILLA MÁXICA (SEVILLA)

Inaugurado en 1997.
Coñecido por espectáculos como La Puerta del Tiempo e a caída libre de 68 metros denominada Desafío.
Recomendable para quen busca sensacións fortes e mais para os que desexan gozar dun día agradable e diferente percorrendo as súas oito áreas temáticas.
Tarifas: entrada todo o día, adultos 23,5 euros e nenos 16,5 euros.
O mellor: servizo de despacho de venda de entradas, sinalización e organización, dotación de fontes e zonas para refrescarse, adaptación para persoas cegas (guías e mapas traducidos ao braille).
O peor: escasa oferta de atraccións e espectáculos, aparcadoiro (4 euros por día), falta de información sobre tempos de espera nas atraccións, sensación de inseguridade debido á falta de persoal de vixilancia. Non se poden reservar entradas ou pases especiais para evitar colas.

PARQUE ACUÁTICO BENIDORM (ALACANTE)

Inaugurado en 1985.
Coñecido polo tobogán máis alto de Europa, Big Bang.
Recomendable para nenos de 6-12 anos.
Tarifas: entrada todo o día, adultos 23 euros e nenos 16 euros.
O mellor: aparcadoiro gratuíto, oferta de atraccións e espectáculos), información xeral do parque, a sinalización das normas de uso nas entradas das atraccións. Amplo despregue de persoal de seguridade. Bo servizo de hostalaría. Boa dotación de servizos bancarios, con cambio de divisas.
O peor: non se pode comprar entradas a través da internet nin hai visitas guiadas, nin tampouco punto de encontro. Poucas fontes de auga potable. Non hai espectáculos.

PARQUE ACUÁTICO TORREMOLINOS (MÁLAGA)

Inaugurado en 1984.
Coñecido por ser o acuático máis grande da Costa del Sol e posuír unha atracción única: Boomerang.
Recomendable para toda a familia.
Tarifas: entrada todo o día, adultos 18,90 euros e nenos 13,30 euros.
O mellor: aparcadoiro gratuíto, oferta de atraccións e espectáculos, sinalización das normas de uso nas atraccións. Bo servizo de vixilancia.
O peor: pouca información sobre tempos de espera nas atraccións; mala sinalización. Non ofrece espectáculos.

PARQUE ACUÁTICO LA PINEDA (TARRAGONA)

Inaugurado en 1987.
Coñecido por ser o único acuático con delfinario, ademais ofrece interacción con leóns mariños.
Recomendable para toda a familia e especialmente para nenos.
Tarifas: entrada todo o día, adultos 21,5 euros e nenos 16 euros.
O mellor: aparcadoiro gratuíto, oferta de atraccións e espectáculos, información xeral do parque e sinalización das normas de uso nas entradas das atraccións.
O peor: deficiente oferta de servizos. Non hai caixeiros automáticos nin cambio de divisas. Escaseza de fontes de auga potable.

PARQUE ACUÁTICO MIJAS (MÁLAGA)

Inaugurado en 1986.
Coñecido pola variedade dos seus espectáculos.
Recomendable para toda a familia e en especial para nenos de 6-12 anos, con zonas especiais para eles.
Tarifas: entrada todo o día, adultos 14,50 euros e nenos 9,50 euros.
O mellor: aparcadoiro gratuíto, oferta de lecer, información xeral do parque e a sinalización das normas de uso nas atraccións. Bo servizo de vixilancia.
O peor: organización nos momentos de espera. Só un caixeiro automático. Non se pode comprar entradas a través da internet, non hai visitas guiadas, e tampouco conta con punto de encontro.

TÁBOA COMPARATIVA

Servizos e mantemento

Parque Oficina de atención ao visitante 1 Apar- cadoiro 2 Adaptado discapa- citados 3 Servizo de asistencia sanitaria 4 Hostalaría 5 Refres- carse e des- cansar 6 E se me perdo7 7
Warner Bros park Excelente Ben Moi ben Moi ben Ben Excelente Moi ben
Port Aventura Excelente Ben Moi ben Moi ben Ben Moi ben Moi ben
Isla Mágica Moi ben Ben Moi ben Moi ben Ben Excelente Moi ben
Terra Mítica Excelente Ben Moi ben Moi ben Moi ben Excelente Moi ben
Madrid Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben Ben Excelente Ben
Zaragoza Ben Moi ben Ben Moi ben Ben Ben Ben
Tibidabo-Barcelona Excelente Ben Ben Moi ben Mal Moi ben Ben
Tívoli-Benalmádena Moi ben Moi ben Ben Moi ben Ben Excelente Moi ben
Acuático Mijas Excelente Ben Ben Moi ben Aceptable Moi ben Ben
Acuático Torremolinos Ben Ben Ben Moi ben Moi ben Moi ben Ben
Aqualand Benidorm Moi ben Ben Ben Moi ben Ben Ben Moi ben
Aquopolis La pineda Moi ben Ben Ben Moi ben Ben Ben Ben

(1)Existencia de oficina de información/atención ao visitante, o trato dispensado nela e se implantou algún sistema específico para a recolleita de críticas ou suxestións.
(2) Se hai aparcadoiro, o seu custo, se está asfaltado, se é cuberto e se hai persoal organizando o estacionamento.
(3) Adaptación do parque para discapacitados e a posibilidade de alugueiro ou préstamo de cadeiras de rodas.
(4) Dispoñibilidade de asistencia sanitaria, a súa amplitude de horarios, a súa situación e sinalización, rapidez e calidade da atención e trato dispensado.
(5) Número de restaurantes, exposición da lista de prezos, trato xeral dispensado (e se dispoñen de aspirinas) e tempo transcorrido na limpeza das mesas.
(6) Número de fontes, a súa situación, zonas de descanso e dispoñibilidade de máquinas expendedoras de refrescos ou comida.
(7) Existencia dun lugar para recoller aos nenos perdidos, punto de encontro para visitantes e oficina de obxectos perdidos.

Parque Servi banca- rios 8 Gardaría de animais e consigna 9 Servizos que facilitan e fan máis agradable a estadía 10 Conser- vación e limpeza do parque 11 As piscinas 12 Aseos e vestia- rios 13 Total
Warner Bros park Ben Moi ben Excelente Excelente NP* Excelente Excelente
Port Aventura Moi ben Moi ben Excelente Moi ben NP* Moi ben Moi ben
Isla Mágica Ben Ben Moi ben Ben NP* Ben Moi ben
Terra Mítica Ben Ben Moi ben Moi ben NP* Excelente Moi ben
Madrid Ben Ben Moi ben Ben NP* Moi ben Moi ben
Zaragoza Ben Ben Ben Ben NP* Aceptable Ben
Tibidabo-Barcelona Mal Ben Ben Moi ben NP* Ben Aceptable
Tívoli-Benalmádena Ben Mal Mal Ben NP* Ben Aceptable
Acuático Mijas Mal Ben Aceptable Ben Aceptable Moi ben Aceptable - Ben
Acuático Torremolinos Mal Ben Aceptable Ben Regular Excelente Ben
Aqualand Benidorm Moi ben Ben Aceptable Moi ben Moi ben Ben Moi ben
Aquopolis La pineda Mal Ben Ben Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben

* Non procede.
(8)Caixeiros automáticos e de servizo de cambio de moeda.
(9) Se había gardaría de animais, consigna de equipaxes, despacho de billetes e/ou gardarroupa nos vestiarios.
(10)Dispoñibilidade de servizos como recollida de compras, alugueiro de coches de nenos, revelado fotográfico, visita guiada, reserva de entradas e teléfonos públicos no parque.
(11)Número de papeleiras, a súa limpeza e se están preparadas para a reciclaxe. Tamén o estado de conservación e limpeza dos recintos das atraccións e dos espectáculos e a limpeza xeral do parque.
(12)O apartado de piscinas é exclusivo para os parques acuáticos. Variables observadas: limpeza da auga das piscinas (irritabilidade e transparencia), número de duchas e o seu correcto funcionamento.
(13)Se os aseos estaban abertos ou pechados, se tiñan auga, xabón e papel en todos os inodoros, posibilidade de secar as mans utilizando toallas de papel ou outros dispositivos e estado de limpeza e hixiene dos aseos e vestiarios.

Oferta de lecer e organización

Parque Oferta de lecer1 Despacho de billetes 2 Orde e sinalización3 Respostas do persoal do parque ás consultas 4 Organización en atraccións e espectáculos 5 Total
Warner Bros park Moi ben Aceptable Moi ben Moi ben Aceptable Ben
Port Aventura Excelente Aceptable Moi ben Ben Ben Ben
Isla Mágica Aceptable Ben Moi ben Moi ben Ben Ben
Terra Mítica Ben Aceptable Moi ben Moi ben Ben Ben
Madrid Ben Ben; Moi ben Moi ben Regular Ben
Zaragoza Aceptable Ben Moi ben Ben Aceptable** Ben
Tibidabo-Barcelona Aceptable Moi ben Moi ben Ben Aceptable Ben
Tívoli-Benalmádena Ben Moi ben Aceptable Moi ben Regular Ben
Acuático Mijas Moi ben* Ben Ben Moi ben Regular** Ben
Acuático Torremolinos Moi ben* Ben Regular Moi ben Regular ** Aceptable
Aqualand Benidorm Moi ben* Aceptable Moi ben Moi ben Regular** Ben
Aquopolis La pineda Moi ben* Ben Moi ben Moi ben Regular** Ben

(1) Número de atraccións, espectáculos e teatro na rúa.
(2) Número de despachos de billetes en relación coa extensión do parque e se había colas.
(3)Información que se pon á disposición do visitante (planos guía, folletos de información,&), se hai frechas ou indicacións que faciliten a visita e se o parque está deseñado para facer a visita seguindo unha certa orde e con comodidade.
(4)Atención recibida ao realizar cinco consultas ao persoal do parque, como chegar a determinadas zonas e sobre os horarios dos espectáculos.
(5) Información, verbal ou escrita (carteis, marcas no chan&), tempo de espera ou de cola das atraccións, organización das colas da atracción, entretementos para amenizar a espera e despachos para deixar bolsos ou mochilas. Tamén se tivo en conta se se ve e se escoita perfectamente desde calquera lugar do recinto onde se celebra.
(*)As esixencias de lecer son menores para os parques acuáticos ca os requirimentos para os parques temáticos e de atraccións, de aí a súa boa cualificación.
(* *) Só se valoraron as atraccións xa que no momento das visitas non había ningún espectáculo (só en tempada alta).

Seguridade

Parque Lugares perigosos1 Obxectos perigosos2 Perigos nas atraccións3 Sistemas de extinción 4 Seguridade nos recintos pechados5
Warner Bros park Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben
Port Aventura Moi ben Moi ben Ben Moi ben Moi ben
Isla Mágica Mal Ben Muy mal Ben Moi ben
Terra Mítica Moi ben Ben Moi ben Moi ben Moi ben
Madrid Moi ben Ben Moi ben Ben Moi ben
Zaragoza Mal Moi ben Muy mal Moi ben Ben
Tibidabo-Barcelona Moi ben Moi ben Mal Moi ben Moi ben
Tívoli-Benalmádena Mal Aceptable Muy mal Moi ben Moi ben
Acuático Mijas Moi ben Ben Moi ben Moi ben Moi ben
Acuático Torremolinos Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben
Aqualand Benidorm Moi ben Moi ben Ben Moi ben Moi ben
Aquopolis La pineda Ben Aceptable Moi ben Moi ben Moi ben

(1)Existencia de lugares e zonas que puidesen supoñer un perigo para os usuarios do parque.
(2)Obxectos que polo seu estado ou polas súas características puidesen supoñer algún perigo para os visitantes e presenza de liñas de alta tensión.
(3)Obxectos e zonas que puidesen supoñer algún perigo para os visitantes.
(4)Extintores e tomas de auga para incendios repartidos por todo o parque.
(5) Sistemas de luces de emerxencia e de carteis indicadores de saída.

Parque Normas de seguridade de atraccións e espectáculos 6 Seguridade no acceso e inicio das atraccións7 Plan de seguridade urxencia e evacuación8 Persoal de seguridade á vista9 Total
Warner Bros park Moi ben Moi ben Moi ben Ben Moi ben
Port Aventura Moi ben Moi ben Moi ben Ben Moi ben
Isla Mágica Moi ben Ben Moi ben Aceptable Mal
Terra Mítica Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben
Madrid Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben Ben- Moi ben
Zaragoza Ben Moi ben Moi ben Aceptable Mal
Tibidabo-Barcelona Ben Ben Moi ben Aceptable Regular
Tívoli-Benalmádena Ben Ben Moi ben Ben Mal
Acuático Mijas Moi ben* Ben Moi ben Moi ben Moi ben
Acuático Torremolinos Moi ben* Ben Moi ben Moi ben Moi ben
Aqualand Benidorm Moi ben* Aceptable Moi ben Moi ben Ben
Aquopolis La pineda Moi ben* Moi ben Moi ben Moi ben Ben

(6) Indicacións para os usuarios coas normas e recomendacións de uso e comportamento nas atraccións e nos espectáculos, e a súa visibilidade, lexibilidade ou posibilidade de ser escoitadas sen problemas. Existencia de megafonía e a calidade do son.
(7) Delimitación axeitada das atraccións, de forma que só se puidese acceder a elas pola entrada e abandonalas pola saída. Existencia de marcas de cores para avisar sobre posibles desniveis. Presenza dun monitor no lugar de inicio da atracción regulando as quendas e informando de posibles prohibicións.
(8) Se o parque ten elaborado un plan de seguridade evacuación e urxencia, o número de traballadores involucrados e se se realizan simulacros. Presenza de carteis coas normas de uso das piscinas, a súa visibilidade e lexibilidade, a sinalización dos cambios de profundidade da piscina e a existencia de cortizas a unha determinada distancia da zona de xeración de ondas. Tamén se comprobou que o socorrista da piscina de ondas tivese no seu posto un dispositivo de parada de urxencia do sistema de ondas.
(9)Presenza de persoal de seguridade uniformado no parque, e nos aquaparks, tamén nos vestiarios. Tívose en conta que socorristas e monitores dos parques acuáticos permanecesen no seu posto en todo momento e que non se ausentasen do seu posto sen ser relevados.
(*) Os parques acuáticos non teñen espectáculos nestas datas polo que non se valoraron as normas das atraccións nestes parques

Cadro resumo sobre os parques visitados

Parque Servizos e mantemento Oferta de lecer e organización Seguridade
Warner Bros park Excelente Ben Moi ben
Port Aventura Moi ben Ben Moi ben
Isla Mágica Moi ben Ben Mal
Terra Mítica Moi ben Ben Moi ben
Madrid Moi ben Ben Ben - Moi ben
Zaragoza Ben Ben Mal
Tibidabo-Barcelona Aceptable Ben Regular
Tívoli-Benalmádena Aceptable Ben Mal
Acuático Mijas Aceptable - Ben Ben Moi ben
Acuático Torremolinos Ben Aceptable Moi ben
Aqualand Benidorm Ben-Moi ben Ben Ben
Aquopolis La pineda Moi ben Ben Ben

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto