Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Parques de lecer: analizados 12 dos máis importantes: A seguridade segue sendo mellorable: un de cada tres suspende

Servizos ao usuario e mantemento, puntos fortes destes parques, mentres que a oferta de lecer pode cualificarse como boa

Son caros os parques de lecer?

A visita a un parque temático non resulta económica. Ao elevado prezo da entrada xúntaselle por veces o case inevitable custo dos servizos de hostalaría: moitos parques non permiten o acceso con comida e bebida do exterior.

 

Canto custa a entrada? Entre 15 e 37 euros por persoa, segundo o parque e a idade do usuario (neno ou adulto). Os catro temáticos son máis caros (de media, 32 euros) ca os de atraccións e acuáticos (19,50 euros de media). Hai descontos? Si, para nenos, discapacitados, persoas maiores, familias, etc. Algúns, preferentemente os temáticos, se se adquiren entradas para dous días consecutivos, reducen a tarifa do segundo día.

Canto custa un refresco? Uns 2,20 euros de media, aínda que hai diferenzas importantes. No de atraccións de Zaragoza custou 1,50 euros, mentres que en Port Aventura supuxo case o dobre: 2,80 euros.

E un bocadillo de tortilla? A media foi de 3,50 euros, pero, de novo, víronse diferenzas importantes. Nos parques de Torremolinos, Mijas e Warner Bros custou 4 euros pero no de atraccións de Zaragoza chegou con 2,60 euros. Ademais, a relación calidade-prezo na maioría dos restaurantes deixou moito que desexar.

Outro gasto: cinco dos doce parques teñen aparcadoiro privado: 6 euros diarios en Port Aventura, 5 euros en Warner Bros, Tibidabo e Terra Mítica, e 4 euros Isla Mágica.

As medidas de seguridade son para respectalas

  • Respecte as restricións (idade, estatura e condicións físicas) e normas de uso. Nalgunhas atraccións limítase o acceso a nenos ou maiores por baixo dunha estatura, a mulleres embarazadas e persoas con problemas de corazón. Son atraccións que van a gran velocidade, con curvas e movementos bruscos. Se coñece algunha razón pola que vostede ou os seus fillos non deben montar, non o faga.
  • Comprobe os cintos e as barras de seguridade dos asentos das atraccións.
  • Manteña as mans e os pés dentro dos coches das atraccións en todo momento, non intente suxeitarse á estrutura da instalación ou a calquera outro elemento mentres a atracción siga en marcha. Non se poña de pé nas atraccións non deseñadas para iso.
  • Non leve obxectos que poidan caer (lentes de sol, gorras, xoias&). Se perde ou se se lle desprende algún obxecto nunha atracción, non intente recuperalo pola súa conta e menos coa instalación en marcha. Pídalle axuda a algún empregado do parque.
  • Comuníquelles aos responsables do parque calquera anomalía que observe.
  • Respecte as indicacións e advertencias do persoal do parque. Cando a atracción pare, permaneza sentado ata que se deteña completamente. Utilice os elementos de seguridade que lle proporcionen: arneses, flotadores, etc. Préstelles especial atención aos dos nenos.

Unha visita redonda a un parque de lecer

  • Organice a visita con antelación: nos grandes parques é doado perderse o primeiro día. Consiga planos e folletos con información sobre horarios, instalacións, espectáculos e servizos. Mesmo é mellor navegar pola páxina web do parque antes da excursión e planificar perfectamente a visita.
  • Observe os horarios dos espectáculos e das atraccións que lle interesan e planifique o seu día no parque. Se non lle interesa ver espectáculos, acuda durante a súa celebración ás atraccións máis solicitadas: haberá menos colas.
  • Non se obsesione con velo todo nun día, en moitos precísanse dous días para gozalos por completo. Seleccione os espectáculos e as atraccións que máis lle interesen e goce deles.
  • Adquira a súa entrada de forma anticipada (consulte ofertas) a través da internet, mediante axencias de viaxe ou en hoteis da zona: evitará esperas á entrada. Conserve, durante toda a visita, o ticket de entrada ou pase. Adquira as entradas en puntos de venda oficiais.
  • Se come nalgún dos establecementos hostaleiros do parque, evite as horas de máxima afluencia. E lembre que moitos parques non permiten a entrada de comida ou bebida do exterior.
  • Se detesta as colas, non acuda aos parques durante períodos festivos prolongados (pontes e semellantes). É preferible visitalos de luns a venres ca durante as fins de semana. As atraccións e os espectáculos con colas durante todo o día é mellor deixalos para primeira ou última hora.
  • Elixa roupa cómoda e calzado axeitado para camiñadas e longas colas. Opte por pezas que sequen rapidamente e leve roupa de reposto (pode deixala no coche ou na consigna do parque). Leve gorra, protector solar resistente á auga, lentes de sol, cámara de fotos ou vídeo, etc.
  • Beba moito líquido para evitar deshidratacións e non permaneza moito tempo ao sol, evitará insolacións.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto