Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Parques de lecer: analizados 12 dos máis importantes: A seguridade segue sendo mellorable: un de cada tres suspende

Servizos ao usuario e mantemento, puntos fortes destes parques, mentres que a oferta de lecer pode cualificarse como boa

Case 32 millóns de persoas visitaron o pasado 2005 algún dos 114 parques de lecer (temáticos, acuáticos, de atraccións, zoolóxicos e acuarios) do noso país, un 6% máis ca o ano anterior. Os parques temáticos, protagonistas da consolidación e do crecemento deste sector, fixeron furor nos Estados Unidos nos anos 50 pero non chegaron ao noso país ata mediados dos 90 coa inauguración de Port Aventura. Máis veteranos son os acuáticos e os de atraccións, operativos desde hai máis de trinta anos, aos que lles salpicou o éxito dos parques temáticos. En conxunto, os parques de lecer españois medraron en 2005 un 6% en facturación, o que supuxo unha leve recuperación tras o retroceso de anos anteriores.

Pero desde a perspectiva do consumidor as preguntas máis pertinentes sobre estes parques son ben distintas aos pormenores da súa actividade económica, e fan referencia a cal é o seu estado de conservación, a se a súa oferta de atraccións e espectáculos xustifica os máis de 35 euros que chega a custar a entrada dun día nalgún deles e, o máis importante, se ofrecen suficiente seguridade como para garantir que un día de diversión e lecer non se converta, de súpeto, no escenario dun accidente evitable.

Técnicos de CONSUMER EROSKI visitaron durante varias fins de semana do pasado mes de maio, e como calquera usuario, catro parques temáticos (Port Aventura en Salou, Terra Mítica en Benidorm, Isla Mágica en Sevilla e Warner Bros Park en Madrid), catro de atraccións (os de Madrid e Zaragoza, Tibidabo en Barcelona, Tívoli en Benalmádena) e catro acuáticos: Mijas, Benidorm, La Pineda e Torremolinos. En cada un analizáronse máis de cen variables, axeitadas a cada tipo de recinto e fixadas en colaboración con expertos na seguridade de instalacións destas características. Así mesmo, envióuselles aos xestores dos doce parques un cuestionario no que se solicitaban numerosos datos sobre cada parque.

Moitas diferenzas entre uns e outros

Os doce destacan en servizos e mantemento (limpeza e conservación do parque e das atraccións, hixiene de aseos e vestiarios, adaptación a usuarios discapacitados, asistencia sanitaria, hostalaría, servizos bancarios...), ofrecen unha satisfactoria e variada oferta de lecer, e están ben organizados (atraccións e espectáculos, despacho de billetes, planos guía, folletos con información). Pero hai grandes diferenzas en seguridade, ata o punto de que catro parques suspenden (Isla Mágica e os de atraccións de Zaragoza, Tívoli-Benalmádena e Tibidabo), mentres que cinco obteñen como valoración global un "moi ben": Warner Bros Park, Port Aventura, Terra Mítica e os acuáticos de Torremolinos e Mijas.
  Os principais motivos dos suspensos foron a existencia de lugares que supoñen perigo para os usuarios do parque (zonas en obras sen valar, accesos perigosos ás piscinas) e riscos en atraccións (monitores que non controlan o acceso do público á atracción, pechaduras de seguridade que non fixan ben os usuarios, achas que sobresaen, varandas con arestas de ferro e punzantes, obxectos inestables con posibilidade de caer e provocar un accidente...).
Tres dos catro que suspenden en seguridade son moito máis antigos (Tibidado foi inaugurado en 1899, o de atraccións de Zaragoza en 1974 e o de Tívoli-Benalmádena en 1972) ca os que logran boas cualificacións, que teñen menos de 20 anos e algúns ata menos de dez. E, ademais, tres dos catro que suspenden en seguridade son parques de atraccións clásicos, que poderían presumirse máis seguros ca os parques temáticos ou aquaparks, que albergan atraccións tecnicamente máis complexas e aparentemente máis perigosas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto