Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Equipos especializados invisten moitas horas de traballo -matutino, vespertino e nocturno- para facer das praias un lugar seguro e agradable e, nos últimos anos, tamén sostible
Rematada a xornada e aproveitando a retirada de bañistas, un equipo disponse a recoller o lixo máis voluminoso e a filtrar a area cunha máquina cribadora. A limpeza da area é clave para ofrecer unha praia hixiénica e segura. A area debe ser osixenada diariamente mediante volteo, con isto evítase o risco de incubación de bacterias patóxenas.
Grupos de operarios dispóñense a "limparlle" a cara ao espazo que máis persoas congregará ao longo do día. Trátase de recoller os refugallos que o mar depositou durante a noite e que marcan cunha liña ata onde subiu a auga. Malia o que puidese parecer, a gran maioría do lixo dun areal non o deixan os bañistas, senón que o trae o mar. Con todo, tamén é lixo humano, só que provén dos barcos ou dos desaugadoiros.
Chega o momento de limpar, con vasoira e auga, as ramplas de acceso e as pasarelas que transitan as diferentes partes da praia. Tamén hai que quitar a sucidade acumulada nas plataformas mariñas, hixienizar os lavapés, repasar as duchas e desinfectar os urinarios. Baleirar papeleiras e repoñer elementos como os conos de plástico individuais para depositar materiais non-biodegradables (cabichas, pipas...) son outros dos labores.
Persoal sanitario, socorristas e asistentes de lecer danse cita ás 9 da mañá para distribuír o traballo, repasar o material da caixa de urxencias, comprobar o estado da sinalización, ordenar as balizas de seguridade, colocar a bandeira verde, amarela ou vermella en función do estado do mar e ensaiar a megafonía. A partir dese momento trabállase sen descanso en quendas de 6 horas.
O chiringo arrinca a pinchar a súa música, as hamacas ocupan o seu espazo e os toldos fan sombra. A praia está lista para 12 horas de sol e de ruído que, grazas á porosidade da area, queda silenciado, porque se se escoitase nun espazo liso sería enxordecedor.
Profesionais cualificados diríxense periodicamente aos puntos sinalados de control para realizar a análise microbiolóxica da auga. Cada punto da mostraxe é representativo dunha zona de baño e é elixido ao considerarse susceptible de estar contaminados pola súa proximidade aos desaugadoiros, ás fábricas ou a lugares críticos. As augas poden valorarse como óptimas e aptas, que non precisarán de intervención, ou non-aptas, nese caso deberá facerse público e adoptaranse medidas para prohibir o seu uso.
Cada vez son máis numerosas as praias que incorporan puntos limpos, é dicir, espazos onde se recolle o lixo baixo criterios de reciclaxe, pero o que non falta en ningunha praia son papeleiras.
A cereixa: algo máis ca un froito
Mercadorías que voan
Sobre os alicerces da palabra
Esquí alpino adaptado: reto e sacrificio vestidos de branco
O camiño da electricidade
A viaxe dun bo desexo
O ensino musical: unha sinfonía de catro movementos
A cidade flotante do transporte
Un bocado con suspense
Un caramelo esculpido no corazón do Pirineo
Cultivo de rosas, a paisaxe máis impresionista
Labregas do mar
Como se reciclan os aparellos eléctricos?
Recunchos de vida
A receita da eterna xuventude
Iluminar máis para ver menos
De alimento básico a manxar de reis
Unha luz na escuridade
A pel da devesa
Ocaso e esplendor nos humedais
Moito máis ca apagar lumes
Ir por la e saír rapada
O mar entre catro paredes
Operación: a viaxe da arte
Unha xornada nunha estación de esquí
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI