Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Seguridade na casa durante o verán: Os cacos non pechan por vacacións

O 40% dos roubos nos fogares prodúcense no verán polo que convén tomar as debidas precaucións para gozar dun descanso sen sobresaltos

Chega o verán e mentres uns descansan outros aproveitan para facer o seu particular agosto. Os delincuentes non veranean. Ou non o fan entre xullo e setembro.  En España, os roubos representan máis do 84% dos crimes e delitos rexistrados pola policía. Só no ámbito da vivenda, estímase que cada minuto se rouba unha casa. Segundo o último informe elaborado por Unespa, a patronal das empresas de seguros, en 2004 foron desvalixados 425.000 fogares do noso país, o 40% deles durante o verán, tal e como salienta o último informe do Observatorio da Seguridade, Assa Abloy.

As comunidades autónomas onde máis roubos se producen están situadas no arco mediterráneo e son principalmente Andalucía, Cataluña e, a certa distancia, Valencia, onde se rexistra practicamente a metade dos asaltos anuais a fogares, uns 200.000. Polo que respecta a cidades, Madrid e Barcelona concentran o 25% dos ataques á vivenda.

Menos roubos ca a media europea

O estudo anual sobre a Seguridade nos Fogares Españois 2005, de TNS Demoscopia, conclúe que o 16,4% dos fogares españois, aproximadamente un de cada seis, sufriu nalgún momento un roubo ou un intento de roubo. A pesar destes datos, en materia de roubos nos fogares, España atópase por debaixo da media europea, que alcanza a un 18% da poboación, mentres que no noso país non chega ao 15%. Unha enquisa paneuropea realizada en 2004 por Security Point, plataforma europea da seguridade, á que pertence o Observatorio da Seguridade español, desvela que os países cun maior índice de roubos son o Reino Unido, cun 28%, e Holanda e Suecia, cun 22% de fogares que sufriron un roubo ou intento de roubo.

Violencia gratuíta

Nos últimos tempos vivimos nun crecente clima de inseguridade do que se fan eco as enquisas. Na realizada o ano pasado polo Observatorio da Seguridade, un 60% dos fogares españois afirmaba sentirse inseguro. En 2003 eran o 51%, case un 10% menos. En opinión dos expertos, niso influíu sobre todo a irrupción no noso país de mafias estranxeiras, especializadas en atracar vivendas, sen escrúpulos e habituais da violencia gratuíta.

 

Segundo detectaron as forzas de seguridade, en España operan máis de medio milleiro de bandas organizadas, moitas delas dedicadas ao roubo a grande escala de chalés e vivendas de luxo. A Garda Civil calcula que hai medio milleiro destes grupos con presenza en España. Bandas, de entre cinco ou seis persoas, de Europa do leste e colombianos fundamentalmente, altamente cualificados, con formación militar, expertos no manexo de armas, con altas doses de agresividade e, moitos deles, con experiencia coma excombatentes.

Dada esta situación, ante un roubo na casa, os enquisados polo Observatorio da Seguridade aseguran que lles preocupa máis que os ladróns os agridan, e atopárense con eles, ca os posibles estragos ou a perda de obxectos con valor sentimental. Así as cousas, a instalación de alarmas e sistemas electrónicos de seguridade converteuse nun lucrativo negocio que desde 2000 crece a un ritmo do 30% anual. En 2004 o sector facturou 615 millóns de euros só neses conceptos. Máis da metade dos españois, o 55,3%, ten unha porta blindada ou acoirazada; e o 15,7%, alarmas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto