Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Alteracións da pigmentación: Peles con marca

Pencas, máculas ou lunares esténdense pola epiderme de boa parte da poboación con efectos máis estéticos ca daniños, aínda que convén evitar exposicións prolongadas ao sol

  Destaparse en épocas de calor, sexa para refrixerarse ou para lucir bronceado, resulta problemático para algunhas persoas, e non precisamente polo fantasma dos quilos de máis. As alteracións de pigmentación que no inverno permaneceron tapadas e controladas deixan de pasar desapercibidas e coas primeiras exposicións ao sol tenden a "cobrar vida" e mudar de cor, aumentar o seu tamaño... En xeral, as manchas, lunares, pencas e similares non se poden eliminar, e aínda que na maioría dos casos o seu efecto non pasa do estético nin representa un risco para a saúde, convén tomar as debidas precaucións ante a exposición solar.

Causas dos diferentes tipos de pel

A cor da pel determinada pola melanina depende de factores raciais, individuais e xenéticos (tipo de sensibilidade á luz), exposición á radiación solar, e factores de regulación hormonal, como a das hormonas neuroendocrinas, reguladas por dúas glándulas, a hipófise e a epífise, situadas no cerebro.

Os trastornos da pigmentación son tan frecuentes que as persoas cunha pel inmaculada representan a excepción, e non a regra. Pencas, nevos ou lunares, zonas hipocrómicas ou manchas de cor café con leite que durante o resto do ano permanecen ocultas á vista dos demais exteriorízanse nas épocas de bo tempo e en ocasións son obxecto de preocupación e consulta médica. Convén aclarar que, agás excepcións, non teñen máis transcendencia que a estética, aínda que as súas posibilidades de tratamento son moi escasas ou nulas.

El vitíligo ou a mancha branca

Unha das alteracións que máis preocupa aos que lles gusta exhibir un bronceado impecable é o vitíligo ou enfermidade das máculas brancas. Afecta aproximadamente ao 1% da poboación mundial e débese á perda crónica e progresiva de melanocitos cutáneos (células especializadas na síntese do pigmento melanina).

Empeza coa aparición de máculas tirando a branco redondeadas, do tamaño dunha lentella, que van crecendo e confluíndo, dando lugar á aparición de zonas extensas sen pigmentación nas mans, cara, tórax e rexión xenitoanal. A metade dos casos xorden antes dos 20 anos e a evolución adoita ser crónica e progresiva, con remisións parciais e períodos silentes.

Non se coñece ningún tratamento seguro e eficaz. Cando a afección é leve e pouco extensa trátase localmente con corticoides locais, pastas recubridoras da cor da pel (unha especie de camuflaxe) ou betacarotenos por vía xeral. Tamén hai tratamentos para intentar repigmentar a zona con fotoquimioterapia durante varios meses. Cando a extensión é importante e afecta a case todo o corpo, branquéase o resto da pel mediante pomadas a base de hidroquinonas.

A fotofobia das persoas albinas

Unha forma de hipomelanose hereditaria é o albinismo, caracterizado pola pigmentación reducida ou ausente de toda a pel ou de zonas limitadas. É unha alteración da síntese de melanina que adoita manifestarse na pel e ollos (albinismo oculocutáneo). Son persoas con pel moi clara, sensible á luz, pelo branco e cellas brancas. A fotofobia é bastante habitual nos afectados. Como resultado da falta de melanina, carecen da necesaria protección ante a luz con risco de danos lumínicos agudos (queimaduras solares) se se expoñen ao sol intenso e danos solares crónicos precoces (avellentamento da pel, risco de neoformacións). O único tratamento posible é protexerse da exposición solar.

Un mar de pencas

No lado oposto ás hipomelanoses están as hipermelanoses, é dicir, os excesos de pigmentación. As pencas ou efélides son resultado dunha alteración da síntese de melanina coa cantidade de melanocitos normal de carácter hereditario. Aparecen pequenas máculas, irregulares, de cor tirando a parda, que se localizan na pel exposta (cara, brazos, mans, e parte superior do corpo), e adoitan ir asociadas co que se denomina unha "complexión clara": pel clara, pelo louro, ollos azuis, e sensibles ao sol. Non revisten ningunha transcendencia clínica e son inofensivas.

Nevos ou lunares

Un grupo especial de hipermelanose constitúeno os nevos ou nevus, dos que hai unha gran variedade.

  Os nevos nevocelulares conxénitos, non hereditarios, aparecen nun 1% dos recén nacidos, adoitan ser pequenos e solitarios, sendo raros os nevos xigantes. Primeiro preséntanse como unha mancha plana que con posterioridade aumenta de grosor e faixe de cor castaña escura. Os nevos pequenos, de diámetro inferior a 1,4 centímetros, e os intermedios, de 1,5 a 20 centímetros, non adoitan presentar grandes problemas. son bastante estables e non experimentan desenvolvemento posterior. Non é así no caso dos nevos grandes, máis de 20 centímetros, nos que pode haber afectación asociada do Sistema Nervioso Central. Estes nevos grandes requiren de tratamento cirúrxico non só polos seus efectos estéticos, senón polo risco de transformación en tumores malignos.

Coidado cos lunares asimétricos

Os nevos nevocelulares adquiridos aparecen na infancia e adolescencia, son do tamaño dunha lentella, de cor parda ou castaña, e ao longo dos anos poden crecer un pouco en anchura e en altura. Case todos os adultos temos algún ou algúns nevos. Pero hai que distinguir dúas formas: os normais e os displásicos atípicos. os normais son de forma simétrica, límites regulares e netos, pigmentación homoxénea, tamaño de 5-6 milímetros, e con tendencia á involución e diminución numérica a partir dos 30 anos. Os displásicos son de maior tamaño, forma asimétrica, límites irregulares, pigmentación pouco homoxénea, e sen tendencia á involución. Mesmo poden aparecer novos a partir dos 30 anos.

A importancia de todos estes nevos radica en que constitúen un marcador de risco do melanoma. Se hai moitos nevos normais, ou varios atípicos, increméntase o risco de melanoma. Por iso, estas lesións requiren vixilancia e ás veces resección profiláctica das lesións moi atípicas. A protección solar é importante en todos os casos.

A entrevista: Susanna Puig, dermatóloga

"O sol brilla, a imprudencia queima"

 

Susanna Puig é investigadora dos factores xenéticos e tratamento do melanoma maligno. Desenvolve o seu labor científico e asistencial nos servizos de Dermatoloxía e Xenética do Hospital Clínico de Barcelona.

Que é o buraco na capa de ozono?
Cando o osíxeno da atmosfera recibe a radiación solar reacciona formando ozono, unha molécula que se crea e se destrúe de forma natural na estratosfera formando algo semellante a unha capa. A actividade industrial humana está destruíndo máis ozono do que o sol é quen de sintetizar. Aparecen daquela os "buracos" que non son tales, senón unha redución do espesor da capa.

¿Cal á a función biolóxica do ozono?
A capa de ozono actúa como filtro natural da radiación ultravioleta, de forma que só permite o paso de raios UVA e unha pequena proporción doutras formas. A diminución do 1% do ozono estratosférico coincide co aumento do 1,5% do número de melanomas e cataratas. Un exceso de radiación ultravioleta asóciase tamén co avellentamento da pel. Os labregos ou pescadores que pasaron a súa vida ao sol teñen a pel da cara moito máis engurrada.

Como protexerse?
O sol brilla, a imprudencia queima. Do mesmo xeito que un se molla sen "tomar a chuvia", tamén expón a súa pel ao sol sen necesidade de tombarse na praia. As mellores precaucións son cubrir a cabeza, levar gafas de sol, vestir roupa filtradora de raios ultravioletas (cada vez hai máis modelos no mercado), preferiblemente de cores escuras, e aplicarse cremas de maneira uniforme por toda a pel que quedará exposta ao sol, uns 30 minutos antes da exposición, para dar tempo a que se absorba.

Temos todos o mesmo risco de desenvolver un cancro de pel?
Hai que identificar o risco de melanomas por medio dunha historia familiar (antecedentes en familiares próximos). Por outro lado, un tipo de pel claro con coloración loura ou roxa no cabelo ou os ollos claros, unha pel que presente abundantes lunares [máis de 100 en adultos e máis de 50 en nenos], esixe adoptar maiores precaucións.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto