Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas
Ferramentas sociais
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha paciente foi sometida a un legrado (raspado da mucosa do útero). Despois apareceron algunha anomalías e outro cirurxián extirpoulle a trompa de falopio esquerda, o que lle provocou a imposibilidade de concibir por medios naturais.
A afectada, descontenta co traballo médico en ambas as intervencións. demandou os dous doutores e o Servizo Andaluz de Saúde reclamando unha indemnización polos danos sufridos.
O Tribunal Supremo, en sentenza de 14 de febreiro de 2006, estableceu que o erro se produciu no diagnóstico posterior ao legrado, polo que absolveu o médico que practicou esta primeira intervención, pero considerou responsable do dano o segundo cirurxián, que realizou unha valoración incorrecta do estado da paciente e procedeu a unha extirpación que despois se considerou innecesaria.
A xuízo do alto tribunal, o médico debería realizar antes as valoracións necesarias para comprobar a idoneidade da súa práctica, algo que quedou probado que non fixo, polo que concluíu que actuou con neglixencia.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI