Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha muller quedou encerrada no ascensor da súa comunidade de propietarios durante sete horas, tempo que tardou en acudir a empresa encargada do mantemento.
Debido a este incidente, a afectada sufriu un grave estado de angustia e ansiedade que precisou tratamento psicolóxico. En reclamación dos danos sufridos, presentou demanda contra a empresa encargada do mantemento do ascensor pola tardanza en acudir na súa axuda.
A Audiencia Provincial de Cantabria, en sentenza de 16 de febreiro de 2002, resolveu a favor da demandante. Rexeitou as alegacións da empresa e considerou probada a demora na asistencia e o fallo do sistema de alarma 24 horas que instalara a empresa. Por iso, condenouna a indemnizar os danos causados pola falla de dilixencia no cumprimento das súas obrigas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI