Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A promotora non constrúe a vivenda acordada

Asinamos un contrato de reserva de compra de vivenda e entregamos 3.000 euros de sinal. Ao ano recibimos unha carta sen certificar na que a promotora anunciaba que non ía construír os pisos e que fósemos visitalos para que nos devolvera a reserva. En lugar diso, acudimos ao concello e ao rexistro da propiedade. Alí comprobamos que o único problema era unha ralentización burocrática, máis nada. Con todo, desde aquela non volvemos saber nada deles, pese a que é unha empresa que non para de construír. Na letra pequena do contrato indícase que se nós reformulamos o acordo perdemos o sinal dado e que eles non poden botarse atrás a non ser que sexan causas non imputables á construtora. Que podemos facer?

 A cláusula en letra pequena no contrato é abusiva porque non estipula penalización en condicións iguais para as dúas partes. Só se recolle unha cláusula penal de incumprimento de obrigas contractuais que sanciona o comprador, non o vendedor. Que sexa abusiva implica a nulidade da cláusula e, como é un contrato de reserva ou de promesa de compravenda, aplicaríase o artigo 1451 do Código Civil, que dá dereito ás dúas partes a esixir o cumprimento do contrato, é dicir, que se asine o contrato de compravenda e se constrúa. Segundo este mesmo artigo, cando non se pode cumprir a promesa de venda, aplícanse as normas civís xerais sobre o incumprimento das obrigas e, en xeral, o artigo 1101 do Código Civil, que impón a quen incumpre as súas obrigas indemnizar por danos e perdas.

Como o promotor resolveu unilateralmente o contrato sen xustificación ningunha, aconséllase que o afectado lle reclame o cumprimento do contrato (por buró fax certificado, en persoa ou a través da OMIC ou do seu avogado), e que sexa o promotor quen lle expoña as dificultades concretas para construír as vivendas e xustifique debidamente as causas que lle impiden edificar. Se finalmente está de acordo ou lle resultase máis práctico, pode resolver o contrato por escrito con devolución no acto da sinatura do sinal entregado, pero solicite tamén unha indemnización por danos e perdas. Caso de non acadar un acordo, o afectado pode iniciar acción legais.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto