Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Ventiladores, climatizadores, evaporadores, aire acondicionado... A variedade de aparellos dispoñible no mercado para arrefriar unha estancia é tal que convén saber qué sistema se adapta mellor ás necesidades e posibilidades de cada fogar. A estrela do verán en materia de refrixeración son os sistemas de aire acondicionado, un auténtico luxo hai uns anos, pero moito máis habituais nas nosas casas hoxe debido aos seus prezos accesibles (un aparello portátil de aire acondicionado pódese atopar desde 250 euros no mercado). Segundo datos do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), aínda que actualmente só o 12% dos fogares españois conta con aparellos de aire acondicionado, nos últimos anos disparouse a compra destes equipos. A pesar de que o consumo derivado do seu uso representa só o 1% respecto ao total eléctrico anual doméstico, o auxe deste tipo de instalacións é tal que, en numerosas zonas de Andalucía, Cataluña e a Comunidade Valenciana, a punta de demanda eléctrica desprazouse ao verán, cos conseguintes "picos" de consumo enerxético que poden levar canda si en días de máximo uso.
Multi Split
Instalación e funcionamento. Unha unidade exterior alimenta, segundo as necesidades, desde 2 ata 5 unidades interiores. As unidades interiores poden ser de tipo mural, chan-teito, casete ou mixtas. O buraco necesario para unir a unidade exterior e a interior é moi pequeno. Un buraco de 10 cm x 10 cm é suficiente.
Split (partido).
Consta dunha unidade interior e outra exterior. A interior está composta polo evaporador, o ventilador, o filtro de aire e o sistema de control, e a unidade exterior onde se atopa o compresor e o condensador. Están equipados con filtros purificadores de aire, desodorizantes, de prevención de humidade e demais sistemas de mellora da calidade do aire. Poden traballar en modo de humidificación cando a diferenza entre a temperatura do ambiente e a programada é reducida, máis económico, ou en modo refrixeración.
Climatizador de ventá
Instalación e funcionamento. Unitario e compacto, instálase nun buraco -feito para o efecto- dunha ventá ou muro exterior, quedando medio equipo fóra e o outro medio dentro.
Vantaxes. Asegura a ventilación do local, xa que insufla aire fresco ao interior e renova o aire viciado.Split portátil
Instalación e funcionamento. Ten dúas unidades, unha exterior, tipo maleta, e outra interior. Conéctanse a través de tubos incorporados aos equipos.
Vantaxes. Non require a intervención dun profesional para instalalo. Pódese trasladar dun cuarto a outro e acondicionar segundo as necesidades. Non ocupa demasiado espazo.Monobloc portátil
Instalación e funcionamento. É un aparello compacto que extrae a calor expulsando o aire quente cara ao exterior a través dun tubo flexible. Un sinxelo buraco nun cristal ou no cerco dunha ventá serven para colocar o tubo do conduto polo que se expulsa a calor.
Indicado. Ideais para acondicionar vivendas pequenas, de aluguer ou segunda residencia. Máximo 15-20 metros cadrados.Moito máis baratos ca un equipo de aire acondicionado, hainos desde 19 euros, permiten un maior aforro enerxético pero non arrefrían o aire: o que fan é movelo, provocando unha corrente refrescante. Deste xeito, conseguen que a sensación térmica baixe entre 4 e 8 graos. Son recomendables para estancias aireadas e sombrías. Gañan efectividade colocados debaixo dunha ventá, de maneira que aproveiten o aire proveniente da rúa.
Tamén chamados termoventiladores, poden utilizarse tanto para difundir calor coma frío. A maioría teñen reguladores de temperatura e incorporan sistemas antixeo e de protección contra o sobrequecemento.
Son de reducido tamaña, polo que ocupan pouco espazo e poden transportarse sen problema. En contra teñen o seu elevado consumo e escasa potencia, e que son ruidosos. O seu prezo oscila entre 30 e 120 euros.
Usan un ventilador para facer pasar o aire quente ambiental a través dun filtro, constantemente mollado grazas a unha bomba de auga (incorporan un depósito de auga e xeo), acelerando con este proceso a evaporación da auga, e conseguindo unha redución do aure que impulsan entre 12 e 16º C con respecto á temperatura exterior. Son recomendables para climas secos e cálidos. Cando a temperatura exterior é moi alta, de 40 ou máis graos, son pouco eficientes. Manexables, portátiles e de baixo consumo, non precisan instalación e custan entre 100 e 500 euros.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI